Concentración de dúcias persoas en Ribadeo contra a guerra en Ucraína

Veciñanza de Ribadeo, representantes de Acisa e de todos os partidos políticos con representación no Concello ribadense se deron cita na concentración de hoxe. A asociación veciñal de Ribadeo Non á Guerra informará das vindeiras convocatorias e accións a realizar.


Ducias de persoas acudiron á concentración celebrada esta tarde nas inmediacións do Concello de Ribadeo, en contra de guerra contra Ucraína e para amosar a súa solidariedade co pobo dese país.

Na quenda de intervencións tomou a palabra Beatriz Irigoyen, nai de acollida dunha rapaza ucraína e dixo que “nada xustifica un bombardeo contra os hospitais, as vivendas, as mulleres e homes, nenas e nenos que camiñan fuxindo do terror polas estradas baixo a neve. Esiximos o alto inmediato a estes ataques covardes e asasinos. En nome do xénero humano, non deixaremos de indignarnos, gritar e condenar a salvaxe agresión, o masacre do exército ruso á poboación ucraína. Por encima de calquera cuestión política, están os dereitos humanos, a dignidade e a vida dos seres humanos. Nin hipocrisía, nin covardía, nin cinismo, nin facerse a vítima. A vítima é o pobo ucraíno. Por iso pedimos apoio inmediato e integral a todos os gobernos do mundo, tal e como está a facer heroicamente a poboación civil europea”.

Irigoyen, en nome da asociación veciñal de Ribadeo Non á Guerra, pediu solidariedade absoluta e sen reservas para o pobo ucraíno e rematou co berro de: “non á guerra”, “non e non á guerra”.

Tamén participou na convocatoria Oksana, unha ucraína que vive en Ribadeo e que hai uns días se achegou á fronteira en Polonia para recoller á súa filla e ao seu neto. Esta muller, moi emocionada, deu as grazas pola onda de solidariedade que desde toda Europa está a chegar ao seu país.

Veciñanza de Ribadeo, representantes de Acisa e de todos os partidos políticos con representación no Concello ribadense se deron cita na concentración de hoxe. A asociación veciñal de Ribadeo Non á Guerra informará das vindeiras convocatorias e accións a realizar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here