Merécelo papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o dia do pai neste 2022. Acisa Ribadeo sortea 3 premios, 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, unha experiencia de aventura a escoller entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “os establecementos terán a disposición dos seus clientes as rifas do sorteo para entregárllelas por cada compra realizada entre os días 12 e 20 de marzo. As rifas están numeradas do 0 ao 5.000. Para participar no sorteo deberase realizar unha compra en calquera dos locais asociados a Acisa Ribadeo, sen importe mínimo establecido. Cada local contará con 50 rifas para repartir entre a súa clientela. As papeletas deberán estar seladas por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou traseira”.
Pérez Prada sinlou que “nesta ocasión sorteamos 3 premios diferentes: 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, 1 experiencia de aventura a elixir entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra. O sorteo non será presencial. Realizarase a porta pechada nas oficinas de Acisa Ribadeo o 21 de marzo, mediante un sistema de xeración de números aleatorios, de xeito individual cada un deles. O sorteo será emitido a través do facebook da asociación e despois Acisa dará a debida publicade do resultado mediante un comunicado, en redes sociais, na nosa web, en prensa escrita e dixital e nas radios”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “os gañadores dos premios coas rifas agraciadas no sorteo terán ata o dia 27 de marzo para presentarse nas oficinas de Acisa a recoller o premio, de non facelo perderán o dereito e considerarase como deserto. Si quedase algún premio deserto o dia 28 de marzo farase un segundo sorteo coa mesma mecánica e haberá un segundo prazo de recollida ata o 4 de abril”.
Iriarte Quintana engadiu que “optamos por estes premios porque nos parece unha boa forma de fomentar as compras entre os mais xoves, ofrecéndolles a posibilidade de gañar un premio como pode ser a experiencia de conducir un vehículo de alta gama, actividades de aventura, etc”.
Presidente e xerente de Acisa inciden “na necesidade de seguir apostando polo comercio local para facer as compras destas datas e pola hostalería local para as nosas celebracións familiares”.
ACTO PARA ESTE SÁBADO
Jesús Pérez tamén se referiu ao acto que se celebrará mañá, sábado, no Concello de Ribadeo: “aquelas persoas que desexen ver o acto de entrega do galardón a toda unha carreira, que lle imos entregar a María Josefa Peña, de Mercería Vizcaya, poderán facelo a través das redes sociais de Acisa, xa que se emitirá en streaming. Foron moitas as persoas que nos pediron poder acompañar a esta empresaria recentemente xubilada neste día tan especial, pero debido á prudencia que aínda debemos manter neste tipo de actos o acto será a porta pechada e con aforo limitado. De aí que vaiamos emitilo polas redes sociais”.
Todo está preparado para a celebración deste acto, que dará comezo ás 11:30 horas no salón de plenos do Concello de Ribadeo, onde tamén formalizaremos a adhesión de Acisa á COCAHI.