InicioOrientalRibadeoO 14 de marzo a casa do Concello de Ribadeo alumarase de...

O 14 de marzo a casa do Concello de Ribadeo alumarase de amarelo no Día Mundial da Endometriose

Dende a Concellería de Igualdade, Mari Luz Alvarez Lastra, ten previsto poñer en marcha unha campaña de difusión, en colaboración coa asociación QuerENDO, para dar visibilidade a esta enfermidade e concienciar á sociedade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo iluminarase de cor amarela na tarde noite do 14 de marzo con motivo do Día Mundial da Endometriose co obxectivo de axudar á visibilización desta enfermidade que afecta a unhas 176 millóns de mulleres no mundo, das que 60.000 aproximadamente son galegas.

Desde a Concellaría de Igualdade explican que “a endometriose deriva da alteración do endometrio durante o ciclo menstrual. En lugar de crecer no útero, o tecido endometrial desenvólvese noutros lugares extrauterinos, o cal provoca severas dores menstruais, sangrados abundantes, dor abdominal persistente e dificultades reprodutivas, alterando a calidade de vida das mulleres que a padecen. A pesar de ser unha enfermidade tan frecuente, que padecen entre o 10% e o 15% das mulleres, é ignorada por parte da sociedade . O descoñecemento da endometriose e a falta de investimento en investigación fai que asociacións, como QuerENDO, esixa que se desenvolvan todas as actividades socio-sanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a doenza”.

E engaden: “a visión deturpada que se ten sobre esta patoloxía ocasiona unha discriminación real sobre as mulleres. É esquecida, como outras enfermidades de alta prevalencia feminina, exposta a prexuízos e por iso moitas mulleres aguantan máis do que deberían”.

Dende a Concellería de Igualdade, Mari Luz Alvarez Lastra, ten previsto poñer en marcha unha campaña de difusión, en colaboración coa asociación QuerENDO, para dar visibilidade a esta enfermidade e concienciar á sociedade. Esa campaña da comezo coa iluminación de cor amarela (cor identificativa da doenza) da Casa Consistorial o vindeiro luns, 14 de marzo. Ademais en datas próximas terá lugar unha charla que contribuirá a dar a coñecer a enfermidade e da que se informará ao seu debido tempo.,

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...