InicioOrientalRibadeoA aula CEMIT de Ribadeo imparte cursos de Facebook para maiores do...

A aula CEMIT de Ribadeo imparte cursos de Facebook para maiores do 14 ao 17 de marzo

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse do 14 ao 17 de marzo en horario de 09:00 a 14:00 horas, e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera franxa horaria. As prazas son limitadas.

Publicada o

- Advertisement -

A aula CEMIT de Ribadeo impartirá do 14 ao 17 de marzo estará aberto o prazo de inscrición no seminario Atrévete co facebook, destinado aos maiores ribadenses.

Desde a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo explican que “dende o aliado dixital da Xunta de Galicia (FEGAUS) xunto co Canal Senior, a Aula CeMIT de Ribadeo foi unha das elixidas de entre toda a rede de aulas de Galicia, para impartir unha serie de cursos e charlas presenciais e de xeito online durante os vindeiros meses”.

O primeiro seminario chamado Atrévete co faceebook, orientado a xente non tan nova, terá lugar os días 18 e 24 de marzo de 10:30 a 11:30 horas na Aula CeMIT. “Os asistentes accederán dende os ordenadores da Aula CeMIT, xa que se impartirá de xeito online. O alumnado poderá comunicarse co profesor e preguntarlle dúbidas”, indican desde a Aula CeMIT ribadense.

Os asistentes abordarán os primeiros pasos na rede social, a súa utilización, como personalizar a súa conta, as conexións, configurar a privacidade, é dicir, unha serie de pasos que lles axudarán a coñecer o seu uso e incluso, se o desexan, poderán crearte unha futura conta.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse do 14 ao 17 de marzo en horario de 09:00 a 14:00 horas, e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera franxa horaria. As prazas son limitadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...