InicioOrientalRibadeoRibadeo leva adiante obras de ampliación nas redes de auga municipais en...

Ribadeo leva adiante obras de ampliación nas redes de auga municipais en dous barrios de Vilausende

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “nesta semana empezamos uns importantes traballos de ampliación das redes municipais de subministro de auga potable para dous barrios da parroquia de Vilausende".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello realiza estes días as obras de ampliación das redes municipais de subministro de auga potable en dous barrios de Vilausende, que se estaban abastecendo de traídas particulares. O investimento ascende a 40.500 euros, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

O edil ribadense explicou que “nesta semana empezamos uns importantes traballos de ampliación das redes municipais de subministro de auga potable para dous barrios da parroquia de Vilausende. Trátase dos núcleos do Carbón e de Santomé. Eran dos poucos que a día de hoxe non dispoñían de acceso á auga municipal, dado que se surtían con traídas particulares”.

Villamil dixo que “o malo destas traídas é que algunhas delas, por mor das secas continuadas, están a deixar de ser efectivas, polo que desde o Concello licitamos un proxecto onde se contempla a extensión da acometida dun 270 metros para Carbón e 1.500 metros para Santomé. As tubaxes serán de 63 mm de diámetro, levarán válvulas, arquetas de rexistro así como dúas bocas de rego. O proxecto ascende a 40.500 euros e foi adxudicado á mellor oferta económica, que foi a Construcións Saa, de Foz”.

Os traballos foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...