InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo dá a coñecer os números gañadores no sorteo do Día...

ACISA Ribadeo dá a coñecer os números gañadores no sorteo do Día do Pai

O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación esta mesma mañá e foi emitido a través das súas redes sociais.

Publicada o

- Advertisement -

Xa se coñecen os números gañadores da campaña ‘Merécelo Papá’, organizada por Acisa para celebrar o día do pai. O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación esta mesma mañá e foi emitido a través das súas redes sociais. As papeletas afortunadas foron entregadas en Fauna, Farmacia Mª Eugenia Hermida e Saia.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou o funcionamento do sorteo: “editáronse 5.000 rifas repartidas no comercio local asociado, o sorteo non é presencial, realizámolo cun programa de xeración de números aleatorios. Os premios son 3: unha experiencia de 2 días de desconexión, que constan dunha noite e almorzo para dúas persoas a elixir entre 2.800 destinos nacionais, unha experiencia de pura aventura, a escoller entre máis de 5.500 actividades e un premio de 100 euros en vales de compra. Os premios poden reclamarse ata o 28 de marzo nas oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 na rúa San Roque 57 – baixo, e se estivesen pechadas, pódese chamar ao 672 24 82 26. Hai que lembrar tamén algo moi importante, que ninguén tire as rifas ata o día 28 de marzo, xa que de quedar algún premio deserto ese volveríase a sortear esa mesma xornada”.

Os números afortunados no sorteo son os seguintes:

-3.465 a papeleta foi entregada en Fauna.

-3.178 a papeleta foi entregada en Farmacia Mª Eugenia Hermida.

-290 a papeleta entregouse en Saia.

Os números agraciados pódense consultar desde hoxe e durante varios días nas redes e en web de Acisa Ribadeo e o sorteo pódese ver en https://www.facebook.com/acisaribadeo/videos/3186171764956885/

Desde Acisa Ribadeo tamén lembran aos seus socios que este xoves ás 20:30 horas terá lugar a asemblea xeral ordinaria. Será no Cinema Teatro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...