InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo celebrará este xoves a súa asemblea xeral ordinaria no Cinema...

ACISA Ribadeo celebrará este xoves a súa asemblea xeral ordinaria no Cinema Teatro

Desde Acisa Ribadeo fan un chamamento a que o Goberno tome medidas canto antes para solucionar esta crise: “a administración competente debe sentar para dialogar de forma seria con todos os sectores e tomar medidas urxentes".

Publicada o

- Advertisement -

A asemblea xeral ordinaria de Acisa deste 2022 celebrarase no Cinema Teatro este xoves, 24 de marzo. Ese día convocaranse as eleccións para proceder á súa renovación e trataranse os puntos ordinarios da orde do día.

Jesús Pérez, xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, destacou que “este xoves celébrase a asemblea xeral ordinaria no Cinema Teatro ás 20:30 horas. Nesa cita darase conta dos asuntos habituais, pero ademais convocaranse eleccións para uns meses despois co fin de renovar a xunta directiva. Esta decisión vén dada pola propia axenda da asociación e da actual xunta directiva. Como vimos facendo sempre, queremos animar a todos os socios a asistir”.

Pérez Prada engadiu que “a orde do día da asemblea, comunicado xa aos socios xunto coa documentación oportuna, será o seguinte: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea ordinaria anterior de data 14/06/2021; exame e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio 2021; estado da asociación, análise e valoración das actividades realizadas no ano 2021; informe e aprobación, se procede, do orzamento ordinario do 2022; convocatoria de eleccións para a xunta directiva, prevista para o 21 de xullo, dándose así un longo período de tempo para a presentación de candidaturas; informe da programación de actividades previstas para o ano 2022; informe de días festivos e domingos de apertura en 2022; compensación de cotas de2021; e rogos e preguntas”.

PARO DO TRANSPORTE

En Acisa Ribadeo hai preocupación polas repercusións que a folga do transporte está tido nos seus asociados e asociadas: “empezamos a vivir unha situación complicada derivada do paro do transporte. Como é lóxico, compartimos as reivindicacións que desde as plataformas fan, xa que non deixan de ser reivindicacións que poderiamos facer desde calquera sector, empresarios, comerciantes, hostaleiros, servizos, gandeiros, agricultores… que é a toma de medidas para baixar os enormes custos de produción, derivados da subida desproporcionada dos combustibles, a luz, o gas e que está a prexudicar gravemente á situación económica de todas as empresas… O que non quita que nos empecen a preocupar as consecuencias que está a ter, principalmente falta de determinados produtos, atrasos considerables ou cancelación de entregas de material a empresas de servizos ou industrias. Cónstanos que hai empresas que están a ter que paralizar o seu traballo pola falta de subministracións”, indica Jesús Pérez.

E engade: “tamén debemos de ser prudentes cando se usan palabras como desabastecemento, que o único que fan é empeorar a situación e poñer nerviosa á poboación, xerando unha cadea de compras compulsivas. Os supermercados, poden ter falta puntal dalgún produto, pero non están desabastecidos, as farmacias teñen subministracións, en Ribadeo todo funciona dentro dunha orde. As mensaxes alarmistas non lle fan ben á cidadanía”.

Desde Acisa Ribadeo fan un chamamento a que o Goberno tome medidas canto antes para solucionar esta crise: “a administración competente debe sentar a dialogar de forma seria con todos os sectores, e tomar medidas urxentes, xa que non só trátase do custo do combustible para o transporte, trátase das facturas da luz e do gas que a hostalería está a recibir polo dobre ou o triplo de custo, que o comercio ou as industrias reciben polo dobre do custo da luz, pola subida de materia prima, do custo dos combustibles aos empregados para ir traballar… De continuar esta situación, pode agravarse moito, e entón si pode causar enormes problemas, en todas as cadeas loxísticas, de subministracións empresariais, e en todos os sectores económicos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...