InicioSucesosDetido en Ribadeo por ter na casa puñais ocultos e outras armas...

Detido en Ribadeo por ter na casa puñais ocultos e outras armas prohibidas

Ofrecía estes obxectos á venda nun portal de compra-venda en Internet. 

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 53 anos foi arrestado en Ribadeo acusado de posuír armas prohibidas que ofrecía á venda nun portal de compra venda de obxectos en Internet. Segundo informou a Garda Civil este mércores, o individuo foi arrestado cando tentaba vender un bastón con puñal oculto de 32 centímetros de aceiro inoxidable.

Despois de ser arrestado, os axentes rexistraron o seu domicilio, onde gardaba varias navallas automáticas, defensas automáticas e estrelas ninjas. O individuo tiña anunciados nun portal de Internet varios obxectos catalogados como armas prohibidas polo Regulamento de armas e o Código Penal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...