Debido ao acordo entre o Goberno de España e o Comité Nacional de Transporte por Estrada, Hostalería de Galicia e, por tanto, Acisa Ribadeo, apraza o seu apoio o peche patronal de hostalería previsto para o vindeiro luns, 28 de marzo. Desde Acisa sinalan: “quedamos á espera de ver se as medidas pactadas producen efecto. Se ao final nada cambia na insostible situación que vive o noso sector, entendemos que se retomará esta posibilidade”.
Por parte de Acisa decidiuse “esperar ao martes para ver que medidas implanta o goberno para comercio, hostalería, servizos, … e se a Xunta amplía as anunciadas nas próximas semanas, para estes sectores. Todos eles sofren un aumento desmesurado nos seus recibos de luz e gas, aos que aínda non se puxo nin exposto solución algunha, e xustifican dabondo que se poidan tomar medidas de protesta coordinadas a e masivas”.
E engaden: “esperamos medidas que nos axuden a todos e que nos permitan traballar con normalidade e recuperar a tranquilidade perdida hai máis de dous anos. Ademais esperamos que de tomar a decisión de ir a un peche patronal sexa consensuada polas principais asociacións e aglutinando ao máximo posible de hostaleiros”.