InicioOrientalRibadeoVolve o público ás actividades da Escola Municipal de Música e Danza...

Volve o público ás actividades da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

O responsable da Escola, Hugo García, sinala que “tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula”.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. Están programadas nove ata o mes de xuño.

“Consideramos que estamos en condicións de manter unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa máxima precaución, pero entendemos que debemos continuar coas actividades previstas con certa normalidade”, apunta Hugo García, responsable da Escola. “Tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”, engade.

Dende esta semana e ata o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de nove audicións en formato presencial, dirixidas a toda a cidadanía. A audición de vento madeira este mércores, 30 de marzo, no Auditorio Municipal Hernán Naval será a primeira actividade á que seguirán unha audición de acordeón (6 de abril – EMMeD), vento metal (27 de abril – Teatro), danza (29 de abril no Auditorio), guitarra (11 de maio – Teatro), música tradicional (13 de maio – Teatro), percusión (20 de maio – percusión), piano (26 de maio – piano) e canto (6 de xuño – EMMeD). Todas as actividades serán ás 20:00 horas e abertas ao público ata completar aforo.

A edil de Ensino, Mari Luz Álvarez Lastra, quixo poñer en valor o feito de que, pouco a pouco, “a Escola recuperou unha das súas características fundacionais que é o feito de achegar a música ao conxunto de veciños e veciñas da vila. Comezamos con estas actuacións de pequeno formato aínda que agardamos poder recuperar tamén os festivais e as actuacións cotiás ás que a Escola nos ten acostumados e que, como tantas outras cousas no noso día a día, a pandemia nos deixou sen poder desfrutalas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...