InicioM.ambiente e PatrimonioA Confederación Hidrográfica do Cantábrico anuncia orzamentos para liberar obstrucións en ríos...

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico anuncia orzamentos para liberar obstrucións en ríos e regos de Ribadeo

O anuncio fíxose mediante un bando do Concello de Ribadeo onde figuran os contactos para solicitar a liberación das diferentes correntes de auga obsturídas.

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico dispón dunha partida orzamentaria destinada a liberar obstrucións nos ríos e regos ribadenses da súa competencia. O ente solicita a colaboración da veciñanza para identificar eses lugares, tal e como informa o alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando.

No Bando o rexedor informa que “que dende a Confederación Hidrográfica do Cantábrico veñen de comunicarnos que dispoñen dunha partida orzamentaria destinada a liberar obstrucións das obras de paso, como poden ser pontes, nos ríos e regos ribadenses da súa competencia (aqueles cuxas augas verten ao Río Eo ou á Ría de Ribadeo, pois os que verten ao Mar Cantábrico son competencia de Augas de Galicia)”.

E explica que “os traballos en cuestión consistirán na retirada de obstáculos ao curso da auga, como poden ser troncos ou depósitos de áridos. Para isto, dende a Confederación Hidrográfica do Cantábrico solicitan colaboración da veciñanza co fin de identificar todos os lugares onde existen este tipo de obstrucións en ríos e regos que verten ao Río Eo ou Ría de Ribadeo”.

No Bando engade que “as comunicacións pertinentes poderán realizarse na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (982 120 701 – sostibilidade@ribadeo.org) ou directamente na oficina da Confederación Hidrográfica do Cantábrico en Vegadeo (Rúa Camilo Barcia Trelles 6, 985 968 537 – ca.asturias@chcantabrico.es).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...