A XV Edición Ribadeo de Tapeo transcorrerá a mediados de maio e a data final para apuntarse é o 11 de abril

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, contou que “este ano o Concello de Ribadeo retoma, despois desta época complexa derivada da crise sanitaria do covid, o famoso concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que chega á súa décimo quinta edición”.

Unha das receitas do Ribadeo de Tapeo 2019. AXM

Ribadeo de Tapeo 2022 discorrerá do 14 ao 22 de maio. Os establecementos hostaleiros que desexen participar neste concurso gastronómico teñen ata o 11 de abril para anotarse.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, contou que “este ano o Concello de Ribadeo retoma, despois desta época complexa derivada da crise sanitaria do covid, o famoso concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que chega á súa décimo quinta edición”.

O edil ribadense dixo que “este evento que viña colleitando éxito ano tras ano, é un escaparate e unha oportunidade para difundir a nosa gastronomía, ademais do bo facer dos profesionais da hostalaría ribadense.Converténdose esta cita nunha das mellores plataformas gastronómicas, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura e fomentar a nosa cultura da tapa, tan típica de Ribadeo. En definitiva, é un dos grandes atractivos da programación que pretende ser un revulsivo para a economía ribadense”.

O concurso dará comezo o 14 de maio e prolongarase ata o día 22 de maio. O prazo de inscrición para os establecementos hostaleiros remata o 11 de abril. Vizoso Galdo explicou que “como novidade esta edición contará cunha fase previa. As semanas anteriores á celebración do evento gastronómico un/unha cociñeiro/a especializado na materia, degustará as tapas presentadas ao concurso. Este fase terá simplemente un carácter de intercambio de impresións da elaboración e presentación das propostas desta cociña en miniatura”. O prezo da tapa será de 2 euros.

SELECCIÓN E PREMIOS DO XURADO

A estes premios concorrerán todos os estabelecementos inscritos no concurso. A organización resérvase a posibilidade de realizar dúas quendas de selección. Unha primeira onde se escollerán os establecementos finalistas e outra quenda onde se escollerán os premiados.

PREMIOS DO PÚBLICO

Como en edicións anteriores, concorrerán todos os estabelecementos inscritos no concurso e os gañadores serán elixidos polo público.

O concelleiro de Desenvolvemento Local subliñou que “os gañadores do concurso recibirán agasallos especiais e publicidade gratuíta ata a próxima edición de 2023, onde se indicará que as súas tapas foron premiadas, polo público ou xurado, na XV Edición do Ribadeo de Tapeo. Esta servirá para premiar o esforzo, iniciativa e profesionalidade dos nosos hostaleiros”.

Como en anos anteriores a celebración do concurso darase a coñecer a través da web http://turismo.ribadeo.gal/tapeo e nas distintas plataformas app para móbiles, redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e crearase un Hashtag #Ribadeodetapeo22 para a difusión, a través das redes sociais do concurso, tapas e establecementos participantes.

Os/as hostaleiros/as que desexen aclarar calquera dúbida podedes chamar á oficina de turismo do Concello de Ribadeo (982 128 689) ou escribir un email a turismo@ribadeo.org.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here