Un grupo de cidadáns ribadenses organiza un mercado solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nenos ucranios a Galicia desde hai anos, algúns deles a Ribadeo. Será esta fin de semana, do venres 1 ao domingo 3, nun local da rúa Vello Pancho, concretamente no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.
Os promotores desta iniciativa explican que “ante a boa acollida do mercadillo solidario celebrado a pasada fin de semana, volvemos realizar outro, con nova localización e nesta ocasión destinado a recadar fondos para a asociación Nenos de Ucraína en Galicia e Andalucía”. O mercadillo estará aberto ao público o venres 1 de 17:00 a 20:00 horas, o sábado 2 de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo 3 de 11:00 a 14:30 horas.