InicioOrientalRibadeoO concelleiro de Deportes en Ribadeo cualifica de "inxustas" as críticas do...

O concelleiro de Deportes en Ribadeo cualifica de “inxustas” as críticas do Ribadeo FC polo estado do campo da Devesa

Jorge Díaz sinalou que "no Concello de Ribadeo estamos un pouco sorprendidos e abraiados por unha actitude que vemos xa desde hai datas por parte da directiva do Ribadeo FC cara ao Concello de Ribadeo".

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, considera inxustas e infundadas as críticas realizadas polo Ribadeo FC sobre o actual estado do campo de adestramento da Devesa, onde está previsto que se acometan obras de mellora en datas próximas. Díaz Freije subliña que desde a Área de Deportes segue coa man tendida e disposta a colaborar e axudar na medida das súas posibilidades e lembra que o campo da Devesa é para adestrar e que o Pepe Barrera está para competir.

O edil ribadense declarou que “no Concello de Ribadeo estamos un pouco sorprendidos e abraiados por unha actitude que vemos xa desde hai datas por parte da directiva do Ribadeo FC cara ao Concello de Ribadeo. Non o entendemos tendo en conta que é a entidade deportiva que máis achega económica percibe do Concello de Ribadeo, e á segunda que máis recibe correspóndelle o 50 por cento desa cantidade; é dicir estamos a falar dunha contía económica moi importante coa que lle axuda o Concello, que para iso está, pero iso é un valor a ter en conta”.

Jorge Díaz dixo: “critican que non colaboramos coas instalacións, pero hai que ter en conta que son compartidas con outra entidade deportiva, como é a SD Ribadeo, coa que tampouco temos ningún problema. É o mesmo que sucede con outras entidades deportivas que comparten pavillóns e non hai ningún tipo de problema con iso”.

O concelleiro de Deportes lembrou que “para o fútbol nestes últimos anos fixéronse investimentos moi importantes, como no campo Pepe Barrera, ao que se destinaron máis de 400.000 euros entre o Concello e a Deputación e cunha miguiña que aportou a Xunta. Polo tanto estamos abraiados, desde logo, con esta actitude cara ao Concello por parte da directiva do Ribadeo FC”.

Díaz Freije subliñou que “desde o Concello tratamos a todo o mundo igual porque independentemente do ano que no se constituíra cada sociedade todas teñen os mesmos dereitos e deberes. E imos seguir apoiando ás entidades como sempre vimos facendo, sen ningún tipo de agravio nin de acritude. Tendemos a man, dentro do que podemos, co que temos a disposición: coas nosas instalacións”.

E engadiu que “para os adestramentos temos outras instalacións, que están a disposición tanto do Ribadeo FC como da SD Ribadeo, porque son compartidas xa que este Concello ten as súas limitacións, como todos os concellos, e a súa dinámica. E concretamente no campo da Devesa temos previsto facer un arranxo importante en pouco tempo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...