InicioEconomíaXa se poden solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas nos ARI...

Xa se poden solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas nos ARI de Ribadeo e Rinlo

A contía destinada a estas obras alcanza os 260.000 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anima as persoas propietarias de vivendas situadas nos ARI (Área de Rehabilitación Integral) de Ribadeo e Rinlo a solicitar subvencións para a súa rehabilitación ata o 30 de setembro, día en que remata o prazo. En total, para a decimocuarta fase do ARI de Ribadeo e para a sétima do ARI de Rinlo destínanse 260.000 euros, segundo recolle nun comunicado.

O rexedor explica que “logo de asinar hai uns días convenios entre o Ministerio de Transportes, o Instituto Galego da Vivenda e o Solo e o Concello de Ribadeo para levar a cabo obras de rehabilitación de vivendas no Ari de Ribadeo, que é a 14ª fase, e no de Rinlo, que é a 7ª fase, agora saen publicadas as bases da convocatoria de concorrencia competitiva e ábrese un prazo de 6 meses para solicitar estas subvencións”. Este prazo rematará o 30 de setembro deste ano e a contía de subvención a percibir, a fondo perdido no caso máis óptimo, poderá chegar ata 24.000 euros.

Suárez Barcia lembrou que para levar a cabo estas obras de rehabilitación e ter dereito a subvención hai que contar coa correspondente licenza municipal de obra. “E estas obras teñen que estar rematadas o 30 de abril do ano 2025, como moi tarde”, engadiu. Na valoración das solicitudes, vanse ter en conta especialmente aquelas que impliquen melloras de condicións de habitabilidade e de accesibilidade das vivendas, así como tamén aquelas outras obras de rehabilitación que supoñan medidas de aforro enerxético.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...