InicioOrientalRibadeoReinícianse as obras de Ribadeo paralizadas pola folga de transportes

Reinícianse as obras de Ribadeo paralizadas pola folga de transportes

O alcalde visitou os traballos realizados na estrada de acceso desde Ove ata a LU-P-5207.

Publicada o

- Advertisement -

Reinícianse as obras do Concello de Ribadeo na estrada de acceso desde Ove ata a LU-P-5207, que atravesa o tramo do antigo tren mineiro. Fontes do Concello apuntan que os  Os traballos “estiveron parados algúns días por mor da folga do transporte” e que este xoves se puido realizar á fin o aglomerado en quente dese viario. Desprazáronse até a zona para comprobalo o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.

Freire Rancaño explicou que o obxectivo do Concello para coa obra é “mellorar o pavimento deste tramo de viario urbano e con iso ofrecer unha mellor seguridade xa que é un acceso que se atopaba en moi mal estado porque, ademais de que non se acometera nel ningunha actuación de mellora desde hai moitos anos, tamén é un tramo que soporta un volume moi alto de tráfico porque dá acceso desde as parroquias ata o centro do pobo. Executamos ademais obras de fábrica como levantamento de tapas ou colocación dunha rigola para recoller auga de chuvia e quedará pendente a sinalización horizontal, que se realizará nos vindeiros días”.

A concelleira ribadense engadiu que “esta obra está sendo levada a cabo pola empresa Isidro Otero, que foi a adxudicataria a través dun proceso de licitación aberto e o orzamento ascende a 32.000 euros, que proceden de fondos propios do Concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...