InicioOrientalBaños “modélicos” a un euro na Praia das Catedrais esta Semana Santa

Baños “modélicos” a un euro na Praia das Catedrais esta Semana Santa

Jorge Díaz aproveitou para pedir respecto aos turistas co entorno natural das Catedrais e do resto do concello.

Publicada o

- Advertisement -

Os baños da praias das Catedrais estarán abertos desde este sábado, 9 de abril, ata o vindeiro 18 de abril. Así o anunciou este venres o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije. O edil subliñou que se trata dun servizo “modélico” que estará operativo sete horas e media cada xornada.

O prezo será o mesmo do último ano, un euro, “o que permite ter todo limpo, cunha persoa que está alí todos os días durante 8 horas, das que 7 horas e media ten os baños abertos ao público e o outra media dedícaa a deixalo todo preparado para o día seguinte”, dixo o edil.

Jorge Díaz aproveitou para pedir respecto co entorno natural das Catedrais e do resto do concello. “Agardamos que toda esta morea de xente que ven gozar desta fermosa praia que coide o entorno, que depositen os residuos que xeren nos contedores que hai habilitados xunto ao areal e na zona de aparcamento”, salientou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...