InicioOrientalRibadeoNovo mercado solidario en Ribadeo para destinar fondos a unha asociación de...

Novo mercado solidario en Ribadeo para destinar fondos a unha asociación de axuda a menores ucraínos

As promotoras desta iniciativa explican que “ante a boa acollida do mercado solidario que xa organizamos hai quince días, volvemos abrir as portas deste local que nos cederon na rúa Vello Pancho co obxectivo de recadar fondos para a asociación Nenos de Ucraína en Galicia e Andalucía”.

Publicada o

Un grupo de ribadenses organiza unha nova edición do mercadillo solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nenos e nenas ucraínas a Galicia desde hai anos, algúns deles a Ribadeo.
O mercado solidario celebrarase esta semana Santa do xoves 14 ao domingo 17, nun local da rúa Vello Pancho, concretamente no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.
As promotoras desta iniciativa explican que “ante a boa acollida do mercado solidario que xa organizamos hai quince días, volvemos abrir as portas deste local que nos cederon na rúa Vello Pancho co obxectivo de recadar fondos para a asociación Nenos de Ucraína en Galicia e Andalucía”.
E engaden: “queremos aproveitar estas datas nas que moita xente visita Ribadeo para facer unha chamada á solidariedade con estas nenas e estes nenos de Ucraína, que seguen nese país con importantes necesidades como consecuencia da invasión rusa. Toda colaboración será benvida”.
O mercadillo estará aberto ao público o Xoves Santo de 17:00 a 20:00 horas, o venres e o sábado de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo de 11:00 a 14:30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...