APAGA participa nunha xuntanza do Proxecto Europeo de Boas Prácticas sobre a formación de aprendices

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “atopámonos en Ankara participando nunha xuntanza de traballo deste proxectode formación de aprendices de calidade, sostible, eficaz y de inclusión".


Profesores de Apaga asisten do 11 ao 16 de abril en Ankara a unha xuntanza do Proxecto de boas prácticas sobre a formación de aprendices.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “atopámonos en Ankara participando nunha xuntanza de traballo deste proxectode formación de aprendices de calidade, sostible, eficaz y de inclusión. Chegamos o luns e remataremos co noso traballo, as xuntanzas e as visitas que estamos a realizar a empresas e a centros de ensino o vindeiro sábado, 16 de abril”.

Xunto a Apaga participan nesta reunión de traballo socios de Italia, Grecia e Turquía. Os asistentes visitaron nas últimas horas a empresa MAN, que é fabricante de autobuses, e DAYM, de material didáctico.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here