InicioOrientalRibadeoAccións formativas no mes de maio en Ribadeo para mellorar as competencias...

Accións formativas no mes de maio en Ribadeo para mellorar as competencias das empresas locais

Ademais destas formacións e igual que se vén facendo outros anos, durante o mes de maio iniciarase tamén o Curso preparatorio para os exames de Competencias Clave nivel 2.

Publicada o

- Advertisement -

RIBADEO SUMA continua a súa andanza, logo das formacións realizadas no Ribadeo Suma + Emprego nas que se cubriron todas as prazas dispoñibles. O Concello, desde a Área de Desenvolvemento Local, quere continuar co programa Ribadeo Suma Empresas & Emprendemento co fin de mellorar as competencias das empresas e das persoas emprendedoras, a través de formacións dinámicas e eminentemente prácticas e que abordarán temáticas para pór a súas ideas en acción, promover a reflexión para o cambio e outras actividades que lles axudarán a consolidar o seus negocios.

Pablo Vizoso subliña que “todas estas formacións preparadas teñen unha parte presencial e cada unha delas irá acompañada de mentorías que asesorarán de forma personalizada e individualizada ás persoas participantes e que se realizarán cando remate cada unha desas formacións presenciais. A previsión que se manexa é rematar o programa antes da tempada de verán”.

O edil de Desenvolvemento Local explica que “as capacitacións terán lugar en maio, os días 2 e 9 de 11 a 13 horas. A primeira, baixo o lema Dalle unha volta ao teu negocio, está dirixida a pequenas empresas, profesionais que desexen explorar outras vías de negocio, ou darlle outro enfoque ou simplemente diversificar a súa actividade. Neste obradoiro práctico coñeceranse iniciativas que xa están en funcionamento e as persoas participantes comezarán a crear as súas propias propostas de produtos ou servizos innovadores que lles axuden a medrar na súa empresa. A formación será impartida na Casa do Viejo Pancho”.

Vizoso Galdo seguiu a relatar que “os días 3 e 10 de maio, de 10.30 a 13.30 horas tamén na Casa do Viejo Pancho, desenvolverase a formación Pon o teu negocio en pé, dirixida a aquelas persoas que desexen coñecer novas ideas de negocio ou aquelas que xa teñen unha idea e desexan explorar as posibilidades reais que teñen de materializarse. Nesta formación cada participante fará a súa folla de ruta particularizada para poder dar os primeiros pasos na creación da súa empresa ou da súa actividade”.

E engadiu que “a terceira formación deste paquete chegará os días 23 e 30 de maio de 16:00 a 19:00 horas na Aula CeMIT coa acción Habilidades básicas para a xestión administrativa e financeira na que se abordarán coñecementos clave para ter o control do negocio en aspectos como impostos, gastos frecuentes ou periódicos e tamén se aprenderán a manexar ferramentas tecnolóxicas que axuden na xestión do día a día dunha empresa. Todas estas accións inclúen mentorías e asesoramentos personalizados e adaptados ás necesidades individuais nas diferentes áreas abordadas e pretenden facilitar e mellorar as competencias e as habilidades das persoas participantes”.

Pablo Vizoso, o concelleiro de Desenvolvemento Local, anima “a participar ás empresas, profesionais, persoas autónomas así como ás persoas emprendedoras nestas formacións que teñen un carácter principalmente práctico e que pretenden incidir na mellora dos negocios presentes e futuros dos participantes”. E incide tamén en que “as persoas emprendedoras poden aproveitar o curso de Pon o teu negocio en pé para debullar unha idea e presentarse no próximo proceso da concesión dos postos da Praza de Abastos de Ribadeo”.

Ademais destas formacións e igual que se vén facendo outros anos, durante o mes de maio iniciarase tamén o Curso preparatorio para os exames de Competencias Clave nivel 2.

As persoas interesadas para inscribirse en calquera destas formacións poden chamar ao Concello ao 982 128 650 ou enviar un correo electrónico a adl@ribadeo.org

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...