Aínda quedan prazas libres para o curso de hostalaría organizado por APAGA en Ribadeo

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, chama “a todas esas persoas que estarían interesadas en traballar na hostalería, pero que non teñen ningún tipo de formación. Nós, en Apaga, ofrecerémoslla o 30 de abril e o 7 de maio".

Unha camareira nun hotel / turismo.es

APAGA anuncia que aínda queda algunha praza libre para asistir ao curso de formación en hostalería, que se celebrará en Ribadeo os días 30 de abril e 7 de maio. Está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.
O presidente do colectivo, Álvaro Doural, explica que “levamos meses vendo as necesidades da hostalería. Cada día lemos nas súas redes sociais e nos medios de comunicación que se buscan camareiros, axudantes de cociña, cociñeiros, persoal de sala, camareiras/os de pisos. A oferta na Mariña é enorme, pero todos eses postos de traballo non se cobren. Vímolo esta semana Santa e volverase a repetir no verán, salvo que entre todos fagamos algo por mellorar esta situación”. A programación do curso de formación en hostalería centrarase no restaurante e no bar-cafetería.
O presidente de Apaga sinala que “no apartado de restaurante abordarase o uso da dotación básica deste tipo de establecemento, así como a asistencia no pre servizo, a elaboración á vista do cliente e os tipos de servizos e a súa aplicación. No caso do bar-cafetería centrarémonos na utilización da maquinaria, equipos, útiles e enxoval, preparación e presentación de aperitivos, cervexas, augardentes e licores de maio consumo nestes locais e preparación e servizo de bebidas non alcohólicas”.
Doural fai unha chamada “a todas esas persoas que estarían interesadas en traballar na hostalería, pero que non teñen ningún tipo de formación. Nós, en Apaga, ofrecerémoslla o 30 de abril e o 7 de maio. Os asistentes poderán inserirse laboralmente unha vez que superasen o curso”. Esta formación será impartida por un profesor de hostalería no restaurante O Horto, de Ribadeo. Os interesados en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 639 884 945 ó 629 096 711 e tamén ao correo electrónico apagaribadeo@gmail.com

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here