InicioOrientalRibadeo'Renacer no Cantil', nova proposta do Concello de Ribadeo para as fins...

‘Renacer no Cantil’, nova proposta do Concello de Ribadeo para as fins de semana de maio e xuño

O concelleiro Pablo Vizoso Galdo dixo que “a Área de Turismo do Concello de Ribadeo pon en marcha nas fins de semana de maio e de xuño o programa de actividades O Renacer do Cantil, unha aposta polo turismo tranquilo e consciente, a favor da desestacionalización do destino de Ribadeo e á captación de novos segmentos de turistas e visitantes”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo apostará nas fins de semana de maio e xuño polo turismo tranquilo e consciente, buscando a desestacionalización e a captación de novos segmentos de visitantes. Farao co programa de actividades O Renacer do Cantil, que inclúe prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros, xeorutas ou arte na natureza para os máis pequenos. Esta nova iniciativa, que se desenvolverá en escenarios naturais da costa ribadense, foi presentada polos concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Pablo Vizoso e Jorge Díaz, e polo alcalde, Fernando Suárez.

Vizoso Galdo dixo que “a Área de Turismo do Concello de Ribadeo pon en marcha nas fins de semana de maio e de xuño o programa de actividades O Renacer do Cantil, unha aposta polo turismo tranquilo e consciente, a favor da desestacionalización do destino de Ribadeo e á captación de novos segmentos de turistas e visitantes”.

O concelleiro de Turismo subliñou que “se trata de propostas innovadoras e beneficiosas para o benestar físico e emocional que van celebrarse en diferentes escenarios naturais do noso entorno costeiro, poñendo en valor a biodiversidade e a beleza que garda unha das costas máis auténticas de Galicia”.

O edil ribadense explicou que “este programa de actividades comezará o 7 de maio cunha actuación poética a cargo do recoñecido guía e actor Suso Martínez, para continuar abordando nas vindeiras fins de semana: prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros de coiro e, por suposto, xeorutas, paseos cos cinco sentidos pola nosa costa, arte na natureza para os máis pequenos, teatro, música e tamén festa. Son propostas para o benestar persoal e para celebrar un novo renacer da natureza”.

Pablo Vizoso engadiu que “a programación de cada unha destas actividades será publicada na web de Turismo de Ribadeo (http://turismo.ribadeo.gal), a participación será gratuíta e nalgúns casos vaise ver limitada a grupos de vinte persoas. Para inscribirse e participar nestas actividades débense cubrir os formularios que están a disposición dos interesados na páxina web turismo.ribadeo.gal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...