Xa se coñecen os números gañadores da campaña Mamá merece ou mellor, regálalle Ribadeo, organizada por Acisa para celebrar o día da nai. O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación esta mesma mañá e foi emitido a través das súas redes sociais. As papeletas afortunadas foron entregadas en Academia Kids& Us, Phonergy e A Moda Sport.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou o funcionamento do sorteo: “editáronse 5.000 rifas repartidas no comercio local asociado, o sorteo non é presencial, realizámolo cun programa de xeración de números aleatorios. Os premios son 3, cada un deles valorados en 100 euros en vales de compra. Os premios poden reclamarse ata o 13 de maio nas oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 na rúa San Roque 57 – baixo, e se estivesen pechadas, pódese chamar ao 672 24 82 26. De non reclamarse os premios nese prazo quedarán desertos”.
Os números afortunados no sorteo son os seguintes:
–3.390 a papeleta foi entregada en Kids& Us.
–4.947 entregado en Phonergy.
–2.112 a papeleta foi entregada na Moda Sport.
Os números agraciados pódense consultar desde hoxe e durante varios días nas redes e en web de Acisa Ribadeo e o sorteo pódese ver en https://www.facebook.com/acisaribadeo/videos/393835405755743/
Respecto ao concurso de fotos en redes sociais desde Acisa Ribadeo informan que quedou deserto.