InicioOrientalRibadeoO curso de hostalaría organizado por APAGA Ribadeo finaliza este sete de...

O curso de hostalaría organizado por APAGA Ribadeo finaliza este sete de maio

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, engade: “hai moitas posibilidades de traballo no sector da hostalería e da restauración nesta comarca, pero non hai persoal suficiente para cubrir esas vacantes”.

Publicada o

Nove alumnas e alumnos asistiron o sábado en Ribadeo, no restaurante El Huerto, á primeira sesión do curso de formación en hostalería organizado por Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Os asistentes abordaron o uso da dotación básica dun restaurante, así como a asistencia no pre servizo, a elaboración á vista do cliente e os tipos de servizos e a súa aplicación. No caso do bar-cafetería o curso céntrase na utilización da maquinaria, equipos, útiles e enxoval, preparación e presentación de aperitivos, cervexas, augardentes e licores de maio consumo nestes locais e preparación e servizo de bebidas non alcohólicas. A segunda sesión será o vindeiro sábado, 7 de maio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, incide en que “levamos meses vendo as necesidades da hostalería. Cada día lemos nas súas redes sociais e nos medios de comunicación que se buscan camareiros, axudantes de cociña, cociñeiros, persoal de sala, camareiras/vos de pisos… A oferta na Mariña é enorme, pero todos eses postos de traballo non se cobren. Vímolo esta semana Santa e volverase a repetir no verán, salvo que entre todos fagamos algo por mellorar esta situación”.
Doural engade: “hai moitas posibilidades de traballo no sector da hostalería e da restauración nesta comarca, pero non hai persoal suficiente para cubrir esas vacantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...