Finalizan os cursos de formación en hostalaría por parte de APAGA en Ribadeo

Desde APAGA sinalan que "imos continuar agora con máis intensidade con outros cursos. Un sobre drons no que vai permitir sacar a titulación necesaria para voar con dron, un de soldadura mig mag e outro sobre climatización no automóbil. Ademais xa estamos a preparar o Fórum de Innovación, que se realizará a finais do mes de agosto”.


Concluíron en Ribadeo os cursos de formación en hostalería, que se celebrou o 30 de abril e o 7 de maio, e o de diagnose de vehículos, que tivo lugar o sábado e domingo nas instalacións Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). A actividade formativa de Apaga seguirá nas próximas semanas.
Para os días 11 e 12 de xuño está programado un curso sobre soldadura mig mag e os días 19 e 20 de xuño outro sobre climatización no automóbil. E prepara tamén un curso sobre drons. Álvaro Doural, o presidente de Apaga, conta que “imos continuar agora con máis intensidade con outros cursos. Un sobre drons no que vai permitir sacar a titulación necesaria para voar con dron, un de soldadura mig mag e outro sobre climatización no automóbil. Ademais xa estamos a preparar o Fórum de Innovación, que se realizará a finais do mes de agosto”.
Apaga segue tamén coas súas actividades europeas: “continuamos tamén con toda a actividade europea, que é frenética. Neste momento hai dous grupos de profesores en Croacia e en Francia, e haberá unhas próximas saídas a Estonia e a República Checa. Na semana das Letras Galegas haberá aquí unha reunión transnacional sobre o proxecto de aprendices. De agora ao mes de decembro vai haber unha intensidade tremenda dos proxectos europeos nos que estamos, porque neste momento estamos a executar o de 2020, estivemos dous anos parados, e agora temos que executar todo o pendente”.
Todas as persoas interesadas na formación de Apaga poden obter máis información no seguinte correo electrónico apagaribadeo@gmail.com ou chamando aos teléfonos 639 88 49 45 ó 629 09 67 11.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here