InicioOrientalRibadeoFormación no rural para o mes de xuño en Ribadeo con dous...

Formación no rural para o mes de xuño en Ribadeo con dous obradoiros

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “o Concello de Ribadeo pon a andar o plan de formación no rural deste ano 2022, co programa sábados de xuño nas parroquias, organizando dúas actividades ao longo deste mes de xuño".

Publicada o

- Advertisement -

O plan de formación no rural do Concello de Ribadeo volve en xuño con dous novos obradoiros. Haberá un de cestería en Covelas o día 11 e outro de xardinería en Vilaframil o 18. Para participar é preciso inscribirse no teléfono do Concello 982 128 650 antes do 3 de xuño. 

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “o Concello de Ribadeo pon a andar o plan de formación no rural deste ano 2022, co programa sábados de xuño nas parroquias, organizando dúas actividades ao longo deste mes de xuño. Primeiro teremos un obradoiro de cestería de colmo con tireta de vimbio, que será impartido por Lola Tourón, cesteira de renome e moi coñecida en toda Galicia. Este curso terá lugar o vindeiro día 11 de xuño na escola de Covelas en horario de mañá e tarde, desde as 11 ás 14 horas e de 16 a 19 horas”.

O edil nacionalista explicou que “logo na segunda quincena do mes o día 18 de xuño, en horario de 16 a 20 horas da tarde, organizaremos un taller de iniciación á xardinería, onde aprenderemos nocións básicas para o deseño dun xardín. Neste caso, será impartido por Iván Prado, profesional do sector e que conta con moita experiencia neste ámbito. Esta xornada desenvolverase na escola de Vilaframil”.

Villamil subliñou que “este plan de formación, que é a continuidade do xa iniciado o ano pasado, pretende seguir dando contido aos diferentes locais e escolas que temos nas parroquias, ofrecendo unha oferta variada e moi interesante a todas aquelas persoas que queiran participar”. E engadiu que “as persoas interesadas en asistir a estas actividades deberán chamar ao teléfono do Concello 982 128 650, preferiblemente antes do 3 de xuño, para anotarse”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...