InicioOrientalRibadeoRenacer no Cantil realizará en maio a Xeoruta dos Pregues en Ribadeo

Renacer no Cantil realizará en maio a Xeoruta dos Pregues en Ribadeo

Fran Canosa será o encargado de guiar esta actividade. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos.

Publicada o

- Advertisement -

As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, seguen a ter unha moi boa acollida. O vindeiro sábado, 28 de maio, terá lugar a Xeoruta dos Pregues, que dará comezo ás 11 da mañá en Piñeira.

Fran Canosa será o encargado de guiar esta actividade. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos.

Tamén foi en Piñeira onde o pasado sábado se desenvolveu A vida no cantil cos cinco sentidos. Xurxo Mouriño, biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza, propúxolles aos asistentes un paseo de campo para coñecer aos seus habitantes a través dos sentidos: as herbas e as flores, os paxaros, os insectos e anfibios.

Para as fins de semana do vindeiro mes de xuño están programados Baños de cores, Artesanía de namorar, Arte no Cantil e mapas sonoros (taller para nenxs) e tamén espectáculos ao aire libre a cargo de Os Quinquilláns Teatro.

A participación en todas estas actividades é gratuíta. As persoas interesadas en acudir poden anotarse na páxina web de Turismo: http://turismo.ribadeo.gal

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...