InicioEconomíaUn mozo ribadense participa en Ruralbotic, unha maneira de educación robótica para...

Un mozo ribadense participa en Ruralbotic, unha maneira de educación robótica para xente nova do rural baleiro

Publicada o

O ribadense Álvaro Martínez Fernández, 26 anos, enxeñeiro informático especializado en robótica participa no desenvolvemento de Ruralbotic, un proxecto educativo de robótica destinado aos mozos da España baleirada. Este mozo actualmente vive en Valencia, traballa nunha empresa de robótica e como freelance en distintos proxectos. Álvaro Martínez Concursou en todos os Desafios AstiChallenge (competición para desenvolver o talento STEM) gañando en todas as súas edicións.
En 2021 sorprendeu ao xurado co seu robot por varios motivos, tiña unhas dimensións mínimas, sinxeleza no deseño, ampla versatilidade, excelente rendemento e custo reducido, facendo posible que se adaptase a moitas opcións. Despois do concurso Verónica Pascual Boé (presidenta da Fundación Asti) propúxolle a Álvaro Martínez un proxecto para a educación de robótica nos mozos da España baleirada. Así naceu Ruralbotic, que leva a cabo grazas á colaboración inestimable de Roberto Ranz (Fundación Asti), Javier Marín (Fundación A Caixa Castela e León) e Álvaro Martínez (Eo/ tec). Segundo explica o propio Álvaro Martínez “ Ruralbotic é un proxecto motivado polas condicións que ten o robot que presentei no torneo de robótica, propúxoseme adaptalo para que nenos e nenas máis pequenos poidan aprender robótica e mesmo poder chegar a competir no AstiChallenge do ano seguinte”.
O enxeñeiro informático ribadense conta que “unha vez que o obxectivo do proxecto estaba claro había que centrarse no como. Tras meses de traballo desenvolvín un kit de robótica a medida e un programa informático que permitirá aos alumnos poder programar por bloques este kit, que consta dun mando e un robot móbil.  O mando ten varios botóns e sensores que servirán para que os nenos empecen a familiarizarse coa tecnoloxía e dean os seus primeiros pasos coa programación. Ademais, este mando servirá para mandar ordes ao robot móbil”. O robot é unha adaptación do último presentado por Álvaro Martínez ao AstiChallenge. Leva tanto sensores de liña como de proximidade, que se necesitarán para poder completar as diferentes probas que se lle presentarán aos nenos e nenas.
Álvaro Martínez subliña que “o proxecto no seu primeiro ano chegou ata 10 centros rurais agrupados da provincia de Burgos, e foi utilizado por ao redor de 150 alumnos. Para que isto fose posible o programa dividiuse en 3 etapas. Na primeira, presentóuselles o kit aos profesores dos diferentes centros que ían impartir a materia no seu colexio. Impartíronselles clases presenciais e en liña onde se lles ensinou como se utilizaba o mando e o robot. Tamén se lles deu a planificación de exercicios para que os seus alumnos fosen aprendendo aos poucos. Unha vez os profesores estivesen familiarizados co kit, deberían ensinarlle aos alumnos a partir dos exercicios que eles fixeran anteriormente. A última etapa estaba centrada nunha competición entre os diferentes colexios que participaron no programa. Enfrontáronse a 3 probas diferentes: seguir unha liña, dirixir o robot por un circuíto e facer unha figura no chan. Para iso os equipos tiveron un mes para preparar as probas”.
O pasado 7 de maio tivo lugar no Museo da Evolución Humana de Burgos o AstiChallenge 2022 e paralelamente desenvolveuse a competición do programa Ruralbotic, tendo como protagonistas ao redor de 120 nenos de 10 centros diferentes formando un total de 19 equipos que competiron co Kit desenvolvido por Álvaro Martínez en igualdade de condicións e onde cada equipo desenvolvo todos os coñecementos adquiridos.
Para o ribadense Álvaro Martínez “foi unha experiencia espectacular, ver como rapaces de ata 12 anos competían e loitaban por superar constantemente os obxectivos, isto demóstranos que o proxecto é un gran acerto e unha gran oportunidade para todos os nenos e mozos que non teñen acceso a ese tipo de coñecementos”. Unha vez superado a proba piloto con total éxito, o equipo de Ruralbotic (Fundación Asti, Fundación A Caixa e Álvaro Martínez-Eo/ tec) busca expandir este programa a 3 provincias castelás máis e poder chegar a máis de 250 nenos neste segundo ano. Aínda que este proxecto empezase na provincia de Burgos, Álvaro Martínez deixou claro que quere levar este tipo de programas (tanto para colexios como para institutos) ata Ribadeo, o seu pobo natal, e os municipios de ao redor.
Ligazóns de interese:

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...