A visita de profesores croatas a Ribadeo grazas a programas de formación europeos finaliza esta fin de semana

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “foi unha semana intensa de traballo, con reunións e visitas de carácter técnico e tamén houbo tempo para amosarlles a este compañeiros as potencialidades turísticas da Mariña lucense e do Occidente asturiano. Marchan moi satisfeitos coa experiencia”.


A visita que estes días cursan a Ribadeo dous profesores croatas dentro dos programas europeos nos que está a participar Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), rematará este vindeiro sábado.

Acompañados de directivos de Apaga estes docentes visitaron ao longo desta semana centros de ensino e empresas. Pasaron polo CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, e por empresas locais como Teauto. Tamén se achegaron a coñecer as instalacións e os traballos que realiza Astilleros Gondán, en Castropol. Visitaron o CIFP de Avilés e empresas nesa cidade asturiana como Verto e Windar. E tamén pasaron polo concello de As Pontes de García Rodríguez onde se interesaron polo funcionamento de firmas como Acemetal e Adera.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “foi unha semana intensa de traballo, con reunións e visitas de carácter técnico e tamén houbo tempo para amosarlles a este compañeiros as potencialidades turísticas da Mariña lucense e do Occidente asturiano. Marchan moi satisfeitos coa experiencia”.

Doural engadiu que “en setembro teremos outras actividades que estamos programando neste momento, como as mobilidades que temos pendentes. Agora están uns compañeiros en Estonia e outros irán a Italia a principios de xuño. E setembro e outubro serán uns meses fortes de actividades para rematar o que aínda temos pendente do ano 2020, que vai cun retraso considerable debido á pandemia. Tamén estamos preparando o foro de innovación sobre vehículos. Polo tanto isto é un sen parar de cantidade de actividades que vamos ir facendo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here