InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo continuará recollendo fondos económicos para a familia ucraína que chegou...

ACISA Ribadeo continuará recollendo fondos económicos para a familia ucraína que chegou hai un mes ao concello

Acisa Ribadeo agradece “a colaboración das veciñas e os veciños de Ribadeo que atenderon a nosa chamada e que seguen realizando doazóns, cada un na medida das súas posibilidades”.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo seguirá recollendo ata o vindeiro luns, 6 de xuño, fondos económicos para axudar a familia ucraína que chegou a Ribadeo hai un mes. Trátase dunha nai nova nos trinta anos, que fuxiu da guerra xunto cos seus fillos e fillas de 2, 3, 4, 10, 11 e 14 anos.

Esta familia alóxase cunha parella ribadense, que lles abriu as portas da súa casa para que poidan emprender unha nova vida lonxe do conflito que vive Ucraina. Acisa Ribadeo agradece “a colaboración das veciñas e os veciños de Ribadeo que atenderon a nosa chamada e que seguen realizando doazóns, cada un na medida das súas posibilidades”. E engaden que “aquelas persoas que queiran sumarse a esta causa aínda poden facelo ata o vindeiro luns, 6 de xuño, momento no que daremos por concluída esta acción solidaria que poñiamos en marcha hai un mes cando esta familia ucraína chegada a Ribadeo”.

O número de conta é o seguinte: ES47 2080 0140 1530 4020 1283 de ABANCA. “Á hora de facer as achegas como concepto poñeremos Donativo familia ucraína en Ribadeo”, puntualizan desde Acisa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...