InicioOrientalRibadeoO XVII Torneo de Fútbol Base reunirá vinte equipos para os días...

O XVII Torneo de Fútbol Base reunirá vinte equipos para os días 4 e 5 de xuño en Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, subliña “a incidencia que estes eventos deportivos teñen na economía local, sobre todo nos hoteis, nos bares e nos restaurantes, pero tamén no comercio”.

Publicada o

- Advertisement -

Vinte equipos participarán os días 4 e 5 de xuño no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías de alevín e miniprebenxamín. Os encontros disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do Ceip Gregorio Sanz.

Galicia, Asturias e Cantabria son os lugares de procedencia destes xoves xogadores e das súas familias. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, subliña “a incidencia que estes eventos deportivos teñen na economía local, sobre todo nos hoteis, nos bares e nos restaurantes, pero tamén no comercio”.

O XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías alevín e miniprebenxamín foi presentado polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, polo xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...