InicioOrientalRibadeoA I Feira do Mercado Social de Ribadeo celebrarase no Parque de...

A I Feira do Mercado Social de Ribadeo celebrarase no Parque de San Francisco o 18 de xuño

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, subliñou que “con esta feira o Concello de Ribadeo súmase ao compromiso de afianzar na economía social, un modelo económico que ten en conta o medio ambiente, o equilibrio e a equidade nas súas actividades e nas relacións económicas".

Publicada o

- Advertisement -

O parque de San Francisco acollerá a celebración da 1ª Feira do Mercado Social o vindeiro 18 de xuño. A cita foi presentada hoxe no Concello de Ribadeo. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, xunto a membros de entidades como Reas ou Lugar das Marías.

Vizoso Galdo contou que “hoxe presentamos a 1ª Feira do Mercado Social acompañados dalgunhas das entidades que formarán parte deste evento, que se celebrará no parque de San Francisco o sábado 18 de xuño. O obxectivo desta actividade é promover a rede local de comercio e consumo no concello de Ribadeo, achegando e fomentando este modelo económico e informando sobre el a toda a poboación”.

O edil ribadense subliñou que “con esta feira o Concello de Ribadeo súmase ao compromiso de afianzar na economía social, un modelo económico que ten en conta o medio ambiente, o equilibrio e a equidade nas súas actividades e nas relacións económicas, que busca establecer unhas condicións laborais dignas e xustas e fomentar a cooperación fronte á competencia”.

Pablo Vizoso subliñou que “a feira contará coa presenza de varias entidades de economía social, que se achegarán cos seus produtos e proxectos para amosar máis de cerca a súa actividade a todas as persoas interesadas. A maiores, ao longo do día, persoas de todas as idades poderán gozar das actividades programadas desde as 11 da mañá, hora de apertura da feira, ata as nove da tarde, que será cando se clausurará. Haberá exposicións, mapa de solidariedade internacional sobre consumo, varios obradoiros e tamén haberá lugar para o lecer e o disfrute cunha sesión vermú ás 13.30 horas e con ludoteca e circo pola tarde”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local animou “a todas as persoas que veñan informarse sobre a economía social e a celebrar con nós esta 1ª Feira do Mercado Social”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...