InicioOrientalRibadeoJesús Pérez, ACISA Ribadeo: "Coas novas infraestruturas abríronse moitas posibilidades para Ribadeo...

Jesús Pérez, ACISA Ribadeo: “Coas novas infraestruturas abríronse moitas posibilidades para Ribadeo como ser lugar de turismo para segunda residencia”

Jesús Pérez é o xerente de ACISA Ribadeo e atendeu a Xornal da Mariña para explicar como evolucionou o sector comercial na vila do Eo desde o nacemento da asociación. Os cambios foron moitos e fundamentais. Entre eles están a modernización dos diferentes tecidos económicos en relación ao comercio, á hostalaría e ao turismo. Pérez cre que as novas iniciativas arredor da economía ribadense son portas a novas oportunidades.

Publicada o

- Advertisement -

-Que motivacións animaron ao nacemento de ACISA Ribadeo?

ACISA Ribadeo naceu hai máis de 30 anos, imos camiño dos 35, e naceu para darlle unha resposta a unha necesidade daquel momento, crear unha entidade que os representase. Daquela non se pensaba como agora, en facer campañas de dinamización mais si se pensaba no sector, en como afrontar os cambios que chegaban á vila, como foi a construción da Ponte dos Santo. Aí pensouse en como atraer a toda esa xente que xa podía vir con máis frecuencia desde Asturias. Tamén buscaban potenciar a imaxe de Ribadeo en toda Galicia e no Occidente de Asturias. Logo co tempo os desafíos foron cambiando.

-Como evolucionou o sector comercial e o industrial en Ribadeo desde o nacemento de ACISA?

Foi moi importante e moi progresiva. Daquela eran moi poucos os empresarios que se aglutinaron en ACISA e agora temos máis de 150 de todos os sectores, pois nos primeiros momentos maioritariamente eran comerciantes e algunhas empresas punteiras naquel tempo, por iso digo que agora temos un abano amplo. Logo as cousas cambiaron en función dos cambios económicos, co paso dos anos e a chegada de axudas por parte das administracións ACISA ampliouse. Grazas a isto pasouse a campañas de dinamización comercial, ao centro comercial aberto Ribadeo, un dos primeiros e principais de Galicia. Máis recentemente saíron outras iniciativas como Ribadeo Indiano, a Campaña das Panchas en colaboración co Concello. Pasouse de case non ter actividades a realizalas con outras asociacións, tamén se implantaron as novas tecnoloxías, cursos de formación e así se ampliou a oferta de actividades para os e as asociadas de ACISA.

sobre o polígono, sabemos que o Concello está realizando unha bonificación nas parcelas desta área para fomentar a instalación de novas empresas

-As infraestruturas xogan tamén un papel na dinamización de Ribadeo. Cales son as infraestruturas que axudaron a mellorar o comercio ribadense e cales necesitarían investimentos?

As infraestruturas para Ribadeo son importantes pola situación xeográfica na que estamos. A principal infraestrutura que supuxo unha antes e un despois foi a construción da Ponte dos Santos. Naquel momento xa era esencial por conectarnos con Asturias de maneira máis rápida. Logo a construción da autovía A-8 foi tamén un paso moi importante ante a posibilidade de conectarnos con Oviedo, Xixón e Avilés a unha hora de media e despois a unha hora de Lugo e a hora e pouco cara Santiago e A Coruña. Abriuse así unha posibilidade para Ribadeo dun turismo de segunda residencia ou cercanía moi amplo. A redución de tempos foi algo moi importante, mesmo desde Madrid que é un traxecto de cinco horas. Logo a conexión a mellorar é o FEVE, pois se se fixese un investimento importante, o impacto non só sería para Ribadeo senón para toda a comarca. Desta maneira poderíamos dar uns servizos cómodos e rápidos para persoas da contorna até onde chegue o FEVE. Axudaría tamén a un turismo máis diario. Outras infraestruturas que puxeron en valor Ribadeo son o porto deportivo, unha infraestrutura a ter en conta e logo o porto comercial, que é un punto económico e industrial moi importante.

Daquela eran moi poucos os empresarios que se aglutinaron en ACISA e agora temos máis de 150 de todos os sectores

-A suma destas estradas e enlaces permiten aumentar o dinamismo do polígono industrial tamén para o comercio?

Desde ACISA cremos que si. É evidente a importancia que teñen as vías de comunicación, cousa que se pode ver no asentamento de novas empresas tanto no casco urbán como no propio polígono. Hoxe por hoxe estamos vendo como se están dando novas licencias para a instalación de gasolineiras, cadeas de comida e outros negocios que se van abrindo de maneira progresiva. Concretando sobre o polígono, sabemos que o Concello está realizando unha bonificación nas parcelas desta área para fomentar a instalación de novas empresas. Isto converte o polígono de Ribadeo nun punto atractivo mesmo pola súa posición xeográfica no estremo noreste de Galicia, somos un bo eixo de comunicación coa cornixa Cantábrica. Estou convencido de que isto converte o polígono nun lugar atractivo para as empresas.

a conexión a mellorar é o FEVE, pois se se fixese un investimento importante, o impacto non só sería para Ribadeo senón para toda a comarca

-A actividade pesqueira é un sector de pesca do día?

Non deixa de ser un sector importante na economía de Ribadeo aínda que si baixou desde hai uns anos. Estou de acordo en que é un sector moi orientado á pesca do día, mais iso redunda en beneficio para un sector como é a hostalaría. Todos os centros hostaleiros e gastronómicos recorren á lonxa da vila e iso fai da cociña ribadense un elemento de calidade por teren produtos frescos.

-A iniciativa EoAlimenta busca achegar os produtos agrarios do lugar e de toda a bacia do río Eo aos fogares da zona. Como pode beneficiar esta iniciativa ao comercio ribadense?

Estas actividades son moi importantes porque se lle dá visibilidade ao produto de quilómetro cero, por tanto, case produtos das nosas casas. Este é un proxecto tamén na Federación de Comercio da Mariña que é www.afeira.gal, que busca a poñer ao dispor da xente produtos que ao mellor só encontran na praza de abastos e no mercado dos mércores. Son maneiras de poñer a disposición o produto do día todos os días do ano a través dunha web ou outro tipo de servizo. Así Ribadeo pode ofrecer un produto de calidade e moito valor e de cercanía. Axudamos así á produción agraria local e se xuntamos todas estas pequenas iniciativas, ao final poñemos en valor o produto de cercanía e a economía local tamén.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...