InicioOrientalRibadeoO Ministerio de Transportes incorporará aglomerado este domingo na rotonda Ría de...

O Ministerio de Transportes incorporará aglomerado este domingo na rotonda Ría de Ribadeo

Segundo explica a concelleira de Obras, Mónica Freire, “trátase dunha obra de conservación que levamos pedindo desde hai moito tempo desde o Concello de Ribadeo e que agora vai realizar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”.

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes acometerá este domingo traballos de aglomerado no inicio da Avenida Ría de Ribadeo, na rotonda na que conflúe coa estrada nacional 634 e coa circunvalación.

Segundo explica a concelleira de Obras, Mónica Freire, “trátase dunha obra de conservación que levamos pedindo desde hai moito tempo desde o Concello de Ribadeo e que agora vai realizar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”.

A edil ribadense sinala que “está previsto que os traballos dean comezo mañá, domingo, ás once da noite e que rematen de madrugada. O obxectivo é causar as mínimas molestias posibles. Os vehículos van poder circular en todo momento con pasos alternativos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...