InicioOrientalRibadeoCursos presenciais na aula CEMIT de Ribadeo sobre pagos en liña e...

Cursos presenciais na aula CEMIT de Ribadeo sobre pagos en liña e apps de relatos e audiolibros

Calquera dúbida poderá ser despexada no mesmo curso mediante roldas de preguntas. As prazas son limitadas.

Publicada o

- Advertisement -

Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, impartirá dous cursos presenciais os días 15 e 16 de xuño. O día 15 terá lugar o curso sobre Pagos en Internet. Falarase sobre como facer pagos a través da banca electrónica, pagos en comercios electrónicos, a través de PayPal, con exemplos de usos cotiáns. Tamén se explicará a seguridade que hai que ter con estes sistemas así como recomendacións ou consellos para non caer en posibles estafas.

E o día 16 será o curso sobre APP`s sobre relatos e audiolibros, que hoxe en día están acadando maior mercado. Explicarase como descargar libros nos dispositivos e a procura de diferentes temáticas. Introducirase aos asistentes tamén ao mundo sobre relatos en chat e informarase do seu uso.

Calquera dúbida poderá ser despexada no mesmo curso mediante roldas de preguntas. As prazas son limitadas. O prazo de inscricións estará aberto ata o último día dos cursos, sempre que non se esgoten as prazas. As persoas interesadas en acudir a estes cursos poden anotarse no teléfono 982120732 e no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...