InicioOrientalRibadeoRibadeo inicia as obras de construción dunha pista multideporte que se espera...

Ribadeo inicia as obras de construción dunha pista multideporte que se espera estea finalizada en outono

O alcalde, Fernando Suárez Barcia, dixo que “logo dunha licitación longa e complexa a obra foi adxudicada á empresa Zona de Obras O Rosal, que terá agora un prazo de execución dun máximo de 6 meses polo que contamos que no outono poida estar rematada”.

Publicada o

- Advertisement -

Estes días dan comezo as obras de construción da pista multideporte nuns terreos localizados entre a Avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros. O investimento ascende a 460.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, espera que no outono esa instalación estea rematada. Contará con pista para fútbol, baloncesto e voleibol, pista de skate con gradas e unha zona para a práctica da calistenia.

O rexedor contou que “nestes días estamos empezando a execución deste ambicioso proxecto dirixido á mocidade, a todos eses rapaces e rapazas que nos levan moito tempo demandando espazos públicos de lecer, de deporte non regrado, é dicir, para botar unhas pachangas, e dos que a vila de Ribadeo lamentablemente non tiña”.

Suárez Barcia dixo que “logo dunha licitación longa e complexa a obra foi adxudicada á empresa Zona de Obras O Rosal, que terá agora un prazo de execución dun máximo de 6 meses polo que contamos que no outono poida estar rematada”.

O alcalde explicou que “o proxecto contempla a construción dunha pista multideporte para fútbol, para baloncesto e para voleibol duns 1.000 m2. Tamén contempla outra pista de skate con gradas de máis de 1.400 m2, así como unha zona para a práctica da calistenia. Loxicamente contemplase zonas arboradas, de xardín, zonas de paseo, un moderno sistema de alumeado, etc. para que esta zona de reunión sexa útil durante todo o ano. En total imos actuar nunha superficie de máis de 7.000 m2 nos terreos municipais da mazá interior entre a Avda. de Galiza e as Rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros, xa que están así establecidos no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal para este tipo de finalidades”.

Fernando Suárez subliñou que “toda esta actuación ten un custo económico de 460.000 euros e para o que contamos con unha importante achega da área de Deportes da Deputación de Lugo que foi sensible ás nosas demandas, especialmente porque tiñamos esa débeda pendente con toda a xente moza”.

Nas últimas horas estiveron supervisando o inicio deses traballos o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Mocidade e Igualdade, Mariluz Álvarez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...