ACISA Ribadeo entregou máis de 1.600 euros á familia ucrania que chegou hai unhas semanas á vila

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, contou que “hoxe en Acisa fixemos entrega do diñeiro recadado para a familia ucraína que hai poucas semanas chegaba a Ribadeo, despois de fuxir da guerra que sofre o seu país desde hai máis de 100 días".


Nas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo tivo lugar a entrega de 1.642 euros á familia ucraína chegada hai un mes á localidade. Esa é a cifra recadada por Acisa na conta aberta para recoller donativos entre os e as ribadenses para axudar a esta nova nai, que fuxiu da guerra xunto a 6 nenos de 2, 3, 4, 10, 11 e 14 anos.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, contou que “hoxe en Acisa fixemos entrega do diñeiro recadado para a familia ucraína que hai poucas semanas chegaba a Ribadeo, despois de fuxir da guerra que sofre o seu país desde hai máis de 100 días. Trátase dunha cantidade importante de donativos realizados polas veciñas e os veciños de Ribadeo na conta que Acisa puxo á súa disposición para este fin. Son 1.642 euros que van destinados para que esta familia poida facer fronte aos gastos básicos do seu día a día: comida, cueiros, material escolar, roupa, calzado…”. Pérez Prada engadiu que “hoxe fixemos entrega dese diñeiro recadado á cabeza visible desa familia, que é a persoa maior de idade, e que veu acompañada dun membro da familia que os acolleu na súa casa en Ribadeo desde a súa chegada á localidade”.
Acisa, a parella de acollida e esta familia ucraína agradecen esta importante colaboración económica así como toda a axuda e o apoio que están a recibir: “todos queremos dar as grazas a todos os veciños e veciñas que achegaron o seu granito de area a esta importante cantidade. Estamos sorprendidos de poder recadar ese diñeiro e grazas tamén a todas as persoas que axudaron a difundir a campaña e que sabemos que foron moitas”, indicou o xerente da asociación empresarial ribadense. Con este acto de entrega Acisa dá por concluída a campaña de recollida de donativos para esta familia ucraína, que reside en Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here