Finalizan as actividades do II Ribadeo Ilustrado arredor das xentes do mar celebradas no Pazo de Ibáñez

As conferencias que se celebraron desde o venres foron seguidas por ducias de persoas no salón de plenos do Pazo de Ibáñez.


Este domingo rematan as actividades do II Ribadeo Ilustrado Mariños, Mariñeiros e Xentes do Mar. As conferencias que se celebraron desde o venres foron seguidas por ducias de persoas no salón de plenos do Pazo de Ibáñez. Nenas e nenos tamén gozaron este sábado dun obradoiro de monicreques e dunha representación a cargo de Mircromina Títeres.

A actividade final será este mesmo domingo 12 de xuño coa visita á capela de San Francisco, fundada en memoria de Martínez Bengoechea, na Casa de Bengoechea, en horario de 12:00 a 14:00 horas; e nas Escaleiras de Martínez ás 12:30 horas o Grupo Fua ofrecerá un concerto de cámara. O Ribadeo Ilustrado está organizado pola Concellaría de Turismo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here