InicioOrientalRibadeoO novo aparcadoiro de Ribadeo resoverá "situacións de incomodidade" no casco histórico

O novo aparcadoiro de Ribadeo resoverá “situacións de incomodidade” no casco histórico

O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “por fin, despois de conseguir as autorizacións necesarias a través do contrato de comodato que asinamos cos seus propietarios, despois de ter os proxectos redactados e buscar o financiamento a través da Deputación para facer este aparcamento, que ten un custo duns 44.500 euros".

Publicada o

- Advertisement -

Este luns comezaron as obras de creación dun aparcadoiro no centro histórico da vila, entre a Rúa Nova e a Rúa do Pipelo. Alí vanse habilitar 70 prazas de aparcamento. O investimento ascende a 44.500 euros.

O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “por fin, despois de conseguir as autorizacións necesarias a través do contrato de comodato que asinamos cos seus propietarios, despois de ter os proxectos redactados e buscar o financiamento a través da Deputación para facer este aparcamento, que ten un custo duns 44.500 euros, no día de hoxe estamos dando comezo ás obras de acondicionamento de toda esta superficie para crear unhas 70 prazas de aparcamento no centro histórico da vila, xustamente nun dos puntos onde se fai moi necesario, tanto para os residentes que poidan vivir nese entorno como tamén para os visitantes que queiran achegarse a el”.

O rexedor explicou que “nesta execución de obras está contemplada a limpeza e o afirmado das parcelas, que teñen unha lixeira pendente, e tamén se vai retirar a terra vexetal. E a parte de superficie acondicionada vaise pavimentar só con grava para habilitar as prazas de aparcamento en tres filas e en tres corredores centrais”.

Suárez Barcia asegurou que “desde logo este aparcamento vai resolver moitas situacións de incomodidade e pretendemos telo canto antes; non nos atrevemos a predicir se vai

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...