InicioOrientalRibadeoRibadeo espera asinar un convenio coa Deputación de Lugo para restauracións en...

Ribadeo espera asinar un convenio coa Deputación de Lugo para restauracións en escolas e teleclubes rurais

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “neste equilibrio que sempre quixemos e sempre imos manter entre a vila a as parroquias, queremos dar un novo paso de impulso a todas as infraestruturas das parroquias, singularmente das escolas e teleclubes, na liña do que estivemos facendo nestes últimos anos modernizándoas, xa que moitas das súas estruturas estaban demasiado vellas".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello elaborou un proxecto para actuar en nove escolas e en dous teleclubes. O investimento ascenderá a 178.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que lle fará chegar este proxecto á Deputación de Lugo para asinar un convenio extraordinario de colaboración e así poder sufragar esa importante inversión.

O rexedor dixo que “neste equilibrio que sempre quixemos e sempre imos manter entre a vila a as parroquias, queremos dar un novo paso de impulso a todas as infraestruturas das parroquias, singularmente das escolas e teleclubes, na liña do que estivemos facendo nestes últimos anos modernizándoas, xa que moitas das súas estruturas estaban demasiado vellas. Nestes últimos tempos estivemos actuando nelas dunha maneira máis ou menos intensa en Cedofeita, en Covelas, en Ove, en Rinlo e en Arante, que acabamos de rematar agora tamén”.

Suárez Barcia subliñou: “pero queremos dar un paso máis con practicamente o resto de todas as que quedan nas diferentes parroquias da vila e do campo, fundamentalmente nas escolas e tamén nalgúns teleclubs. De aí que, despois de escoitar ás diferentes asociacións de veciños, quixemos facer un proxecto moi ambicioso que realizaron os técnicos municipais nestas últimas semanas, que queremos presentar agora á Deputación de Lugo para conseguir un convenio extraordinario de colaboración para sufragar unha parte moi importante destes 178.000 euros que, segundo o proxecto, vai custar modernizar e amañar a escola de Couxela, de Noceda, de Piñeira, de Piñeiro, de Remourelle, de Vilaosende, de Vilaselán, de Vilela, de Vilaframil e tamén os teleclubes de Vilamariz e de Vilaosende”.

O alcalde sinalou que “para poder seguir dando servizos e poder seguir ofrecendo actividades temos que ter lugares onde sexa agradable estar. Nalgúns casos hai que mellorar as carpinterías de exteriores, noutros hai que pintar as fachadas, noutros hai que amañar por dentro e por fora, noutros hai que eliminar as goteiras, noutros temos que meter mobiliario e nalgúns temos que meter todo isto. Entón, desde o goberno municipal integrado e ao mesmo tempo traballando coa Deputación Provincial, con este organismo que tanto nos axuda e tanto nos axudou, queremos dar un impulso definitivo para que a volta duns meses sexa unha marabilla poder estar e poder seguir facendo actuacións sociais, culturais, deportivas, etc…, en todas estas infraestruturas municipais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...