InicioOrientalRibadeoRemata o programa de actividades para Educación Ambiental do Obradoiro de Emprego...

Remata o programa de actividades para Educación Ambiental do Obradoiro de Emprego en Ribadeo

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “este programa de actividades xirou entorno á posta en marcha e o mantemento dunha horta ecolóxica para empregala como ferramenta didáctica

Publicada o

- Advertisement -

O obradoiro de emprego Territorio Vivo, dentro da especialidade de Interpretación e Educación Ambiental, rematou esta semana un programa de actividades de educación ambiental que desde o mes de novembro viña realizando con nenos e nenas do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “este programa de actividades xirou entorno á posta en marcha e o mantemento dunha horta ecolóxica para empregala como ferramenta didáctica, que permitiu tanto a profesores como a estudantes poñer en práctica, mediante experiencias directas e estando en contacto coa natureza, contidos propios dos deseños curriculares de cada nivel educativo”.

O edil ribadense indicou que “a través da horta os estudantes adquiriron unha mirada crítica do ambiente, traballando en equipo con iniciativas innovadoras, creativas e integradoras. Aproveitando ademais o potencial do actual xardín do centro, deseñáronse actividades para concienciar ao alumnado de que este recurso beneficioso para todos hai que respectalo, valoralo, coidalo e sobre todo gozalo, e gozalo aprendendo”.

E engadiu que “foi un proxecto ilusionante no que participaron 230 nenos e nenas entre 5 e 10 anos e que desde o centro esperan poder continuar o vindeiro ano”.

O programa de emprego para persoas mozas Territorio Vivo, cofinanciado no 91% polo Fondo Social Europeo e pola iniciativa de emprego xuvenil e na porcentaxe restante pola Consellería de Emprego e Industria, continuará ata o 12 de agosto desenvolvendo nos concellos de Ribadeo e Barreiros iniciativas para poñer en valor o patrimonio natural, histórico e documental de ámbolos dous concellos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...