InicioOrientalRibadeoRibadeo anuncia que a Xunta rexeitou a petición dunha axuda para arranxar...

Ribadeo anuncia que a Xunta rexeitou a petición dunha axuda para arranxar problemas no pazo de Ibáñez

O alcalde, Fernando Suárez engadiu: “coa nosa parte de fondos propios, que tiñamos reservada, tentaremos acometer parte destas obras proxectadas sen chegar loxicamente a facer o que pretendiamos, para ben de todos os veciños, veciñas e usuarios desta Casa Consistorial”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello pedirá a revisión do expediente administrativo dunha axuda solicitada á Xunta para amañar varios problemas no Pazo de Ibáñez. A administración galega desestimouna e o alcalde, Fernando Suárez, cualifica a resposta de fría e tallante.

O rexedor dixo que “con certo desgusto, aínda que non nos colle de sorpresa porque xa estamos afeitos. Trátase de ver a dobre vara de medir. Ter que aturar día si e día tamén canto fai a Xunta por nós, pero cando os quitamos das achegas de festas, de cuchipandas e demais chilindradas varias pois queda todo un pouco, un pouquiño escaso”.

Suárez Barcia manifestou: “acabámolo de ver nestes días cunha subvención que o Concello pediu para amañar unha serie de problemas que tiñamos na Casa do Concello, problemas de humidades, de accesibilidade especialmente ás oficinas da Policía Local, un novo equipamento e mobiliario necesario por estar máis que consumida a súa vida útil. Vaia, que se cumprían perfectamente as bases da convocatoria de axudas. E fixemos un proxecto por importe de 62.000 euros e estabamos dispostos a sufragar loxicamente unha parte. Pois a resposta foi así de fría e de tallante: desestimada”.

O alcalde sinalou: “chámanos a atención a falta de transparencia e a falta de motivacións, para a resposta dunha petición de axudas regradas en pleno ano 2022. De aí que imos pedir acceso ao expediente administrativo para ver os criterios que utilizaron para descartar de xeito tan chosco”.

Fernando Suárez engadiu: “en fin, con todo, coa nosa parte de fondos propios, que tiñamos reservada, tentaremos acometer parte destas obras proxectadas sen chegar loxicamente a facer o que pretendiamos, para ben de todos os veciños, veciñas e usuarios desta Casa Consistorial”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...