InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle unha conferencia sobre endometriose para o 29 de xuño

Ribadeo acolle unha conferencia sobre endometriose para o 29 de xuño

O encontro está organizado pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a asociación QuerENDO.

Publicada o

- Advertisement -

O 29 de xuño terá lugar unha charla sobre a endometriose. Será no salón de actos da Escola de Música de Ribadeo. Está organizada pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a asociación QuerENDO.

Dende a Concellaría de Igualdade explican: “continuamos coa campaña de difusión e concienciación sobre a endometriose para sensibilizar á sociedade desde unha perspectiva social, integral e de xénero, apoiando o traballo que fan asociacións como QueENDO coas mulleres afectadas”.

E engaden: “o salón de actos da Escola de Música de Ribadeo acollerá ou vindeiro mércores, 29 de xuño, o faladoiro Endometriose, a epidemia oculta, da man de Cristina Fernández Feijoo, presidenta de QuerENDO, a asociación galega sen ánimo de lucro que procura visibilizar a casuística desta enfermidade crónica. O faladoiro explicará, entre outras cousas, como afecta ás mulleres esta doenza, as súas consecuencias, diagnose e os tratamentos que existen co fin de acadar un mellor coñecemento e implicación das mulleres na mellora da súa calidade de vida. A endometriose é unha enfermidade de orixe xinecolóxico que condiciona a vida diaria das afectadas, unhas 60.000 aproximadamente en Galicia”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...