InicioOrientalRibadeoO CIFP Porta da Auga en Ribadeo impartirá o novo ciclo dual...

O CIFP Porta da Auga en Ribadeo impartirá o novo ciclo dual de instalacións eléctricas coa colaboración de varias empresas

O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga, Benito Fernández Rey explica que “este é un ciclo novo, que se vai impartir no curso 2022-23 e o prazo de admisión empezou o día 23. É de Formación Profesional Dual de Grado Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas. Na FP Dual o alumnado está un período moito máis prolongado na empresa".

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga de Ribadeo, conta coa colaboración de 12 empresas da Mariña lucense e do Occidente asturiano para impartir unha nova formación dual, o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, a partir do vindeiro curso 2022-23.

O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga, Benito Fernández Rey explica que “este é un ciclo novo, que se vai impartir no curso 2022-23 e o prazo de admisión empezou o día 23. É de Formación Profesional Dual de Grado Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas. Na FP Dual o alumnado está un período moito máis prolongado na empresa. É un ciclo de dous cursos e en cada un deles van estar 4 meses nas empresas. Son un total de 12 as firmas que colaboran co CIFP Porta da Auga para impartir este ciclo, empresas que están na Mariña lucense e no Occidente asturiano: de localidades como Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, Ribadeo, Foz ou La Caridad. Así a área de influencia principal do centro está cuberta por estas empresas, que son instaladoras e mantedoras de instalacións eléctrica, de automatismos, antenas de telecomunicacións, instalacións de fibra óptica”.

Benito Fernández Rey destaca que o alumnado deste ciclo de FP Dual “nos períodos que estean nas empresas, que son 4 meses en cada un dos cursos, cobran o 50 por cento de salario mínimo interprofesional ao mes; e os desprazamentos e os seguros corren a cargo da empresa, loxicamente. Así o alumno recibirá 2.000 euros en cada un dos dous cursos”.

O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga engade que “é un ciclo novo, que en toda Galicia só hai outro centro, da Coruña, que o imparte, tamén por primeira vez. Ata agora esta formación non se daba en dual, só en ordinario”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...