InicioOrientalRibadeoRibadeo espera ter preparado o novo aparcadoiro no casco vello para primeiros...

Ribadeo espera ter preparado o novo aparcadoiro no casco vello para primeiros de xullo

O rexedor, Fernando Suárez, sinala que: “contamos que este aparcamento estea listo precisamente para o Ribadeo Indiano, a celebrar dentro de poucos días”.

Publicada o

- Advertisement -

As obras do novo aparcamento que o Concello, coa axuda da Deputación de Lugo, está a acondicionar no casco histórico da vil marchan a bo ritmo, segundo o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor asegura que estará listo para a celebración do Ribadeo Indiano. Contará cunha escaleira de madeira para que os peóns poidan acceder ao mesmo a través da praciña que está situada entre o Concello e o edificio de Aduanas.

Suárez Barcia contou que “as obras están avanzando a moi bo ritmo, refírome a estas obras de acondicionamento deste importante aparcadoiro municipal que estamos levando adiante nuns terreos que non son do Concello, pero si que son cedidos polos seus propietarios en tanto eles non constrúan nesta zona do casco vello. É unha solución moi importante que vai dar servizo aos residentes en toda esta parte do casco vello e tamén aos visitantes neste punto no que non hai moito aparcamento desde sempre. Son 70 as prazas coas que imos contar aquí”.

O alcalde dixo que “agora mesmo estase acondicionando, estase nivelando, estase afirmando con zahorra. A empresa que o está facendo grazas á colaboración e apoio, como tantas outras veces, da Deputación de Lugo. E ao mesmo tempo estamos construíndo unha escaleira para un acceso peonil pola praciña que está entre o Concello e o edificio de Aduanas para que os peóns poidan baixar directamente a ese aparcamento ou tamén poden acceder pola rúa Ibáñez ou pola rúa Nova”.

O rexedor agarda que este novo aparcamento estea listo dentro duns días: “contamos que este aparcamento estea listo precisamente para o Ribadeo Indiano, a celebrar dentro de poucos días”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...