InicioOrientalRibadeoRematan os actos do Día do Orgullo 2022 en Ribadeo coa presentación...

Rematan os actos do Día do Orgullo 2022 en Ribadeo coa presentación dun mural e a lectura dun manifesto

A directora do CIM, Montserrat González, contou que “o manifesto rematou sinalando que dende o Concello de Ribadeo queremos fomentar ou respectar a tolerancia á diversidade; condenar enerxicamente a discriminación flagrante contra as persoas LGTBI e os seus dereitos fundamentais"

Publicada o

- Advertisement -

Onte presentouse o mural LGTBIQA+, realizado polo Colectivo Artístico As Vacas Fracas en Ribadeo, no acto celebrado en conmemoración do Día do Orgullo 2022. Tamén se deu lectura a un manifesto no que se ratificou o compromiso do Concello de Ribadeo coa igualdade e contra as discriminacións por razón de orientación sexual e identidade de xénero.

A directora do CIM, Montserrat González, contou que “o manifesto rematou sinalando que dende o Concello de Ribadeo queremos fomentar ou respectar a tolerancia á diversidade; condenar enerxicamente a discriminación flagrante contra as persoas LGTBI e os seus dereitos fundamentais, incluída a incitación ao odio, mostrar o noso apoio ao colectivo LGBTI; e promover campañas de sensibilización e información sobre a diversidade sexual, de xénero e familiar”.

González engadiu que “desde o Colectivo Artístico As Vacas Fracas explicáronnos que a obra realizada en Ribadeo ten por base a importancia de dar presenza e lograr espazos a través do arte xerando referentes para as novas xeracións do colectivo. A man de arriba sería o referente, que tira de súa seguidora, permítelle non sentirse soa e ter alguén con quen identificarse e a quen aspirar. O seu parecido vese nas súas tatuaxes, que comparten certos puntos pero outros non, porque obviamente son dúas persoas distintas coas súas peculiaridades. A de arriba ten máis tatuaxes para facer ver que é a man de alguén con máis experiencia fronte á de alguén aínda por medrar. Iso vese tamén nas plantas da man inferior que medran grazas á luz da referente”.

Coa presentación do mural remataron as actividades que se viñeron desenvolvendo en Ribadeo desde o pasado sábado, organizadas polo CIM e pola Concellaría de Igualdade. Houbo obradoiros de graffiti e de técnicas mixtas, obradoiros infantís, ciclo de cine e a pintura do mural por parte de As Vacas Fracas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...