InicioOrientalRibadeoCurso de soldadura Mig Mag en APAGA Ribadeo para os días 2...

Curso de soldadura Mig Mag en APAGA Ribadeo para os días 2 e 3 de xullo

O presidente de Apaga engadiu: “despois a finais de agosto teremos o Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos e en setembro retomaremos o plan de formación de Apaga. Agora mesmo estamos a facer un estudo entre os socios e o sector empresarial para coñecer as necesidades de formación que hai neste momento e intentaremos axustar o plan de formación á demanda existente”.

Publicada o

- Advertisement -

A vindeira fin de semana, os días 2 e 3 de xullo, Apaga impartirá nas súas instalacións, en Ribadeo, un curso de soldadura mig mag. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia prepara para agosto un campus de mecánica do automóbil. A inscrición está aberta.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “continuando coas actividades de formación esta fin de semana terá lugar un curso de soldadura mig mag, que se combinará cos outros tipos de soldadura de electrodo, tig… será nas nosas instalacións e vaise impartir tanto o sábado coma o domingo de dez da mañá a oito da tarde e contará coa asistencia de 10 persoas”.

Doural subliñou que “temos varias citas pendentes durante o verán. En xullo terá lugar o curso de corte de xamón, que será impartido por Jorge Díaz, o mellor cortador de España. E teremos o campus de mecánica en agosto, a inscrición está aberta neste momento e gustaríame recordar que estará aberto a todos os públicos. As persoas que queiran asistir non precisan ter coñecemento algún sobre mecánica. Será unha nova experiencia para a xente que queira ter un contacto coa mecánica e co mundo do automóbil, especialmente os afeccionados ao sector e tamén para aqueles rapaces que o vindeiro curso vaian facer un ciclo formativo ou algo relacionado co mundo do automóbil”.

O presidente de Apaga engadiu: “despois a finais de agosto teremos o Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos e en setembro retomaremos o plan de formación de Apaga. Agora mesmo estamos a facer un estudo entre os socios e o sector empresarial para coñecer as necesidades de formación que hai neste momento e intentaremos axustar o plan de formación á demanda existente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...