InicioOrientalRibadeoRibadeo acollerá este martes as exposicións 'Aula do Mar A Mariña' e...

Ribadeo acollerá este martes as exposicións ‘Aula do Mar A Mariña’ e ‘Sabores do Mar, Saboreando a Vida’

A “Aula do Mar” é a primeira aula do mar inclusiva de Galicia. Trátase dun proxecto de integración social para as persoas con enfermidade mental crónica na cal se pon en valor o patrimonio costeiro, os recursos patrimoniais e ambientais da zoa A Mariña- Ortegal.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá este martes 5 de Xullo de 2022 ás sete da tarde, a inauguración da exposición ‘Aula do Mar A Mariña’, da Asociación Saúde Mental A Mariña e ‘Sabores do Mar, Saboreando a Vida’.

A apertura do acto será a cargo do Alcalde do Concello de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, coas intervención do Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, José Basilio Otero Rodríguez, o Presidente do Galp A Mariña-Ortegal, Javier Martínez Otero, así como algún representante da Xunta e de Saúde Mental “A Mariña”.

A exposición estará ubicada nunha sala do Centro Sociocomunitario de Ribadeo, dende o 5 de Xullo ata o 31, ambos incluídos. O horario no que se poderá visitar a exposición será polas mañás de luns a venres, de 10 a 14 h e pola tarde de 16:00h a 20:00h.

A “Aula do Mar” é a primeira aula do mar inclusiva de Galicia. Trátase dun proxecto de integración social para as persoas con enfermidade mental crónica na cal se pon en valor o patrimonio costeiro, os recursos patrimoniais e ambientais da zoa A Mariña- Ortegal.

Este proxecto desenvólvese principalmente na Unidade Residencial de Cervo (única residencia especializada en doenzas mentais na provincia de Lugo), aínda que é itinerante nos CRPL (centros de rehabilitación psicosocial e laboral) cos que conta a entidade en Burela e Ribadeo, así como Viveiro, coa finalidade que se beneficien o maior número de persoas usuarias posible.

Os e as participantes poden gozar de maneira activa nas actividades propostas aproveitando as potencialidades e características da nosa costa Mariña-Ortegal. A “Aula do Mar” é un espazo de comunicación transversal ante o sector pesqueiro e os demais colectivos en risco de exclusión social.

Os principais obxectivos da Aula do Mar “A Mariña” son, entre outros a posta en valor do patrimonio marítimo costeiro así como das tradicións e expresións culturais vinculadas ao mar. Crear conciencia e valorar o patrimonio marítimo-costeiro e as tradicións e conservación do medio ambiente.

“Sabores do mar, saboreando a vida” é un proxecto que pretende mellorar e innovar na atención das persoas con enfermidade mental e contribuír á súa integración na comunidade poñendo en valor os produtos mariñeiros, así como sensibilizar á poboación sobre os mesmos. Tamén está subvencionado pola Consellería do Mar a través do Galp A Mariña Ortegal.

Con este proxecto pretendemos contribuír ao coñecemento dos produtos do mar e o uso terapéutico dos mesmos na realización de talleres de aprendizaxe coas persoas con enfermidade mental e actividades de sensibilización.

Somos conscientes da calidade e prestixio dos produtos mariñeiros da nosa zona e queremos contribuír ao seu coñecemento e promoción no ámbito social e educativo ao tempo que sensibilizamos sobre a saúde mental e a importancia da preservación dos recursos mariños da zona costeira.

As actividades teñen a súa base fundamental nas instalacións da Unidade Residencial, aínda que se contempla a realización de saídas/realización de tarefas puntuais fora das instalacións, vinculadas ao coñecemento dos produtos mariños e a accións de sensibilización.

As actividades que se están a desenvolver son :

Mar de sabores: actividade encamiñada a traballar sobre o coñecemento dos produtos mariños e a súa utilización a través de un taller de cociña, elaboración de galletas sabores do mar, a visita da Cetárera de Burela e a visita de Conservas Curricán.

Visibilizando o mar e a saúde mental que comprende tarefas de difusión do proxecto a través da participación en actividades de gran visibilidade social como son a celebración do Día Mundial da Saúde Mental, a participación en Produart e a participación na semana da mobilidade.

Descubrindo os sabores do mar: actividade de sensibilización da cultura mariña e a saúde mental a través da creación dun conto “ “ A SUPER_ACCIÓN DE MAURICIO” e súa posterior difusión en centros educativos a través dun contacontos : “Conta o mar, conta a vida”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...