O curso de soldadura mig-mag de APAGA en Ribadeo contou coa asistencia de dez alumnos

A actividade da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia seguirá co campus de mecánica programada para o vindeiro mes de agosto, “a inscrición está aberta neste momento e gustaríame recordar que estará aberto a todos os públicos".


Dez persoas asistiron este pasado sábado e o domingo nas instalacións de Apaga, en Ribadeo, a un novo curso de soldadura mig mag. A formación foi impartida entre as dez da mañá e as oito da tarde.

A actividade da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia seguirá co campus de mecánica programada para o vindeiro mes de agosto, “a inscrición está aberta neste momento e gustaríame recordar que estará aberto a todos os públicos. As persoas que queiran asistir non precisan ter coñecemento algún sobre mecánica. Será unha nova experiencia para a xente que queira ter un contacto coa mecánica e co mundo do automóbil, especialmente os afeccionados ao sector e tamén para aqueles rapaces que o vindeiro curso vaian facer un ciclo formativo ou algo relacionado co mundo do automóbil”, explicaba hai uns días Álvaro Doural, presidente de Apaga.

E a finais de agosto terá lugar unha nova edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Doural engadiu que “xa en setembro retomaremos o plan de formación de Apaga. Agora mesmo estamos a facer un estudo entre os socios e o sector empresarial para coñecer as necesidades de formación que hai neste momento e intentaremos axustar o plan de formación á demanda existente”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here