InicioOrientalRibadeoComercios socios de ACISA Ribadeo reparten 100.000 rifas para unha viaxe a...

Comercios socios de ACISA Ribadeo reparten 100.000 rifas para unha viaxe a Cuba

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, dixo: “somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa na edición do 2019 e por iso non podía faltar este ano”.

Publicada o

- Advertisement -

Os locais asociados a Acisa Ribadeo reparten estes días 100.000 rifas entre os seus clientes para participar no sorteo dunha viaxe a Cuba para dás persoas. O nome da persoa afortunada coñecerase o vindeiro domingo, 10 de xullo, despois do concerto do artista mexicana Lila Downs. Con esa dobre cita no barrio de San Roque concluirá o Ribadeo Indiano 2022.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, dixo: “somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa na edición do 2019 e por iso non podía faltar este ano”. Desde a organización do Ribadeo Indiano, Concello e Acisa, lembran que “a viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 2 ao 10 de setembro”.

Pérez Prada subliñou que “participar no sorteo é moi sinxelo. As rifas están a disposición dos clientes nos establecementos asociados a Acisa desde o pasado 24 de xuño e ata o 10 de xullo. O único que teñen que facer é pedir as rifas tras o gasto realizado. As papeletas deberán ir debidamente seladas polos establecementos e cubertas con nome, apelidos e DNI do cliente, que será quen as conserve no seu poder ata o 10 de xullo, xornada na que de 11:00 a 21:30 horas poderán introducilas na urna do sorteo no posto que estará situado na Praziña de San Roque”.

E explicou que “o sorteo terá lugar de forma presencial tras a actuación da mexicana Lila Downs nese mesmo escenario. Alí collerase unha rifa da urna, e dirase o nome por megafonía dando 5 minutos de tempo para que apareza o premiado. De non presentarse nese tempo volverase sortear cantas veces faga falta ata entregar o premio. A persoa gañadora deberá acreditar que o seu número de DNI coincide co escrito na papeleta premiada”.

Desde Acisa advirten que “non serán validas as papeletas sen algún dos datos persoais ou sen o selo do establecemento. Recomendamos á clientela dos negocios de Ribadeo que consulten a nosa web, a nosa app e os códigos QR que están nas marquesinas, nas bolsas de Acisa y nas pegatinas que atoparán nos locais asociados, nos que poden pedir as papeletas despois de mercar ou de consumir neles”.

As bases do sorteo e o listado de establecementos adheridos están dispoñibles na web e redes sociais do Ribadeo Indiano e de Acisa. Tamén figurarán na rifa e no cartel identificativo dos establecementos asociados as normas básicas”.

Jesús Pérez tivo palabras de agradecemento para o Concello e para os patrocinadores: Estrella de Galicia, Galipizza, A Cofradía, Banco Sabadell, Caixa Rural e COCAHI, “xa que sen a súa inestimable axuda non poderiamos poñer en marcha este sorteo”.

E engadiu: “dende Acisa Ribadeo queremos resaltar o noso compromiso coa organización do Ribadeo Indiano e polo tanto tamén co traballo en estreita colaboración co Concello de Ribadeo para levalo a cabo, e por iso este ano estamos a facer o maior esforzo económico posible. O Ribadeo Indiano é un traballo conxunto, no que ambas entidades aportamos o que somos capaces, cada un dende as súas posibilidades, para levar a cabo un gran evento que dinamice a economía local e fomente o turismo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...